Bosque do Camiño

Gustaríache que a túa experiencia do Camiño deixase unha pegada máis aló do recordo persoal que levas contigo? Ven plantar unha árbore ao Bosque do Camiño, en Santiago de Compostela.

Deste xeito, a túa peregrinación terá unha conexión afectiva e respectuosa coa terra e paisaxe galegas —que te acompañaron e acolleron en boa parte desta viaxe— e que perdurará no tempo nunha contorna única, pola que discorre a Vía da Prata de modo paralelo. O Camiño seguirá na túa memoria e a túa historia na paisaxe de Compostela.

COMO SERÁ A PLANTACIÓN?

Recollerémoste na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela para trasladarte á Cidade da Cultura en autobús. A continuación, recibirémoste no Museo Centro Gaiás para acompañarte á zona de plantación. Durante este percorrido, explicarémosche o complexo arquitectónico deseñado por Peter Eisenman, á vez que as súas zonas verdes, como o Bosque de Galicia, onde se sitúa o Bosque do Camiño, composto por 12.000 árbores autóctonas que compoñen o pulmón verde da Capital de Galicia. Ao finalizar a plantación, ofrecémosche unha consumición quente na Cantina do Gaiás, cortesía da Cidade da Cultura.

COMO VIR A PLANTAR A TÚA ÁRBORE NA QUENDA NA QUE TE  INSCRIBES?

  • No autobús que parte da Oficina do Peregrino á Cidade da Cultura ás 11 horas.
  • A pé facendo o percorrido desde o casco antigo ao Gaiás, seguindo esta ruta natural e patrimonial. Para guiarte como facela, preme aquí.
  • Deberás indicarnos cando te inscribas como vas subir á plantación: en autobús ou a pé.
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas