Isidoro Valcárcel trae a 'Escenas do cambio' unha peza creada 'ex profeso' para a escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego

A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar hoxe a segunda semana de Escenas do cambio, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción do Gaiás, e faino cunha peza creada ‘ex profeso’ para a escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego por Isidoro Valcárcel (Murcia, 1937), un dos pioneiros da ‘performance’ en España e que conta cunha traxectoria creativa de máis de 40 anos que lle valeu os máximos recoñecementos como son o Pr

Santiago de Compostela, 11 de Febreiro de 2019

'Escenas do cambio' trae a Galicia 'MDLSX', obra teatral gabada pola crítica internacional

Escenas do cambio, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, permitirá ver esta fin de semana a obra MDLSX da compañía italiana MOTUS que vén precedida de excelentes críticas de medios de prestixio internacionais como ‘The Guardian’ ou ‘The New York Times’.

Santiago de Compostela, 09 de Febreiro de 2019

'Escenas do cambio' converte o Gaiás en escaparate das novas creacións teatrais galegas e da vangarda internacional

O Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, Escenas do cambio, levanta mañá o pano no Gaiás para dar a coñecer durante dez días as propostas máis innovadoras e arriscadas das creacións da vangarda internacional —Vera Mantero, Ligia Lewis, Tino Sehgal, María Salgado & Fran MM Cabeza de Vaca, François Chaignaud, Marco Berrettini e MOTUS—; da española —Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel— e como non, da galega.

Santiago de Compostela, 06 de Febreiro de 2019

Unha historia por contar

Para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o persoal voluntario da Biblioteca de Galicia organiza este obradoiro pictórico-literario.

Crear é o máis satisfactorio que existe, produce instantes de felicidade e, se é en familia, mellor que mellor. Neste obradoiro, as e os pequenos e os grandes ides ser creadores dunha historia, será a vosa historia.

II Congreso Mundial de Educación - EDUCA 2019

A Universidade da Coruña, a plataforma Educa e a iniciativa Maestros, Innovadores Alumnos Competentes (MIAC) organizan o II Congreso Mundial de Educación - EDUCA 2019, que decorrerá na Cidade da Cultura do 21 ao 23 de febreiro. O evento concíbese como un foro de intercambio de coñecemento e experiencias didácticas entre profesorado e alumnado de todas as etapas educativas e todas as materias.

Presentación de Minaría Sostible de Galicia

O sector mineiro dará a coñecer na Cidade da Cultura as súas iniciativas de divulgación e promoción para unha minaría sostible en Galicia. A xornada, organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia, presentará a minaría galega como unha actividade que permite o desenvolvemento social e demográfico, compatible coa protección da natureza e que forma parte do patrimonio histórico e cultural galego, ofrecendo ao mesmo tempo materias primas para o estado de benestar.

Encontro para o impulso do corredor Atlántico Noroeste

A Cidade da Cultura acolle este luns 28 de xaneiro o 'Encontro para o impulso do corredor Atlántico Noroeste' que reunirá a directivos e empresarios de Galicia, Asturias e Castela e León con representantes de entidades públicas e privadas. O acto contará tamén coa participación dos presidentes de goberno das tres comunidades autónomas.

PROGRAMA DA XORNADA

10:00h. Inicio do encontro. Inteveñen:

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS