Festexamos o Día dos Museos cun obradoiro colectivo de cestería con Idoia Cuesta e Julia de la Cal

O vindeiro sábado 18 de maio o Museo Centro Gaiás volve converterse nun fervedoiro de actividade con motivo dos festexos do Día Internacional dos Museos (DIM19). A Cidade da Cultura propón un amplo programa, enteiramente de balde, que inclúe edicións especiais das visitas comentadas ás exposicións, obradoiros de artesanía nos que se conxuga tradición e creación contemporánea e un vermú musical con piano-bar ambientado nos anos 30 e 40 no Hall de Tirantes do Museo.

Santiago de Compostela, 06 de Maio de 2019

Día dos Museos 2019 | Os museos como eixos culturais: o futuro da tradición

Un ano máis no Gaiás volvemos sumarnos ao Día Internacional dos Museos (DIM) cun programa de actividades, enteiramente de balde, que non has querer perder. O DIM2019 organízase co lema Os Museos como eixos culturais: o futuro da tradición, unha temática que precisamente está moi presente nas exposicións que se poden visitar actualmente no Museo Centro Gaiás e que enxalzan a nosa tradición como alicerce cultural e como valor de futuro da vangarda artística.

Convocada a novena edición do #EAN, con 40 bolsas para artistas emerxentes

O Gaiás vén de convocar unha nova edición o seu Encontro de Artistas Novos - Cidade da Cultura (#EAN9) que, co obxectivo de apoiar a arte emerxente e promover a creación contemporánea, ofrece a novos e novas creadoras a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no complexo da Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 05 de Maio de 2019

A Carreira Camiño das Letras réndelle tributo a Antonio Fraguas o 17 de maio no Gaiás

A  VI Carreira Camiño das Letras renderalle tributo a Antonio Fraguas Fraguas, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, o propio 17 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. A Consellería de Cultura e Turismo, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e no seu director xeral de Políticas Culturais, Anxo M.

Santiago de Compostela, 03 de Maio de 2019

O Gaiás acollerá 'Cidade Rompetiño', un encontro de cultura urbana para xente moza con música e deportes de acción

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o sábado 25 de maio Cidade Rompetiño, unha xornada de oito horas de música, deporte e cultura urbana, que dá resposta a un alto interese de xente nova que vincula o seu lecer a actividades deportivas —como parkour ou skate— e estreitamente ligadas á música de estilos hip-hop ou hall-dance.

Santiago de Compostela, 30 de Abril de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS