As Torres Hejduk converteranse nun faro xacobeo coa intervención artística 'En terra firme'
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de premiar un proxecto que, a modo de instalación artística efémera, converterá nun faro as icónicas Torres Hejduk da Cidade da Cultura. Nunha alegoría da travesía persoal que os peregrinos afrontan no seu camiño a Compostela, esta proposta creativa fai tamén unha chiscadela ao Camiño marítimo.