As experiencias da Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego fronte á covid, en Culturgal

A Xunta de Galicia, patrocinador principal da 13ª edición de Culturgal en Pontevedra, centra as presentacións da última xornada da feira na programación das novidades da Cidade da Cultura para a tempada de outono-inverno e nas estratexias do Centro Dramático Galego (CDG) fronte á covid-19.

Santiago de Compostela, 29 de Novembro de 2020

Nadal no Gaiás 2020

Este Nadal no Gaiás non queremos que se perda a ilusión por iso imos ateigar a Cidade da Cultura de moita luz, cor e cancións, de todos os estilos, pero sempre tendo en conta as festas que estamos a celebrar, na que o protagonismo volve ser para a nosa grande árbore de Nadal. Este ano manterá as súas grandes dimensións e incorporará a música e luces de cores en lámpadas colgadas das súas pólas.

Escenas do cambio permitirá ver 11 pezas internacionais en catro días

A Xunta de Galicia renova para 2021 o seu festival de inverno, de teatro, danza e arte en acción na Cidade da Cultura, Escenas do cambio, concentrando nunha fin de semana longa de febreiro −desde o xoves 18 ao domingo 21− un total de 11 propostas escénicas procedentes de cinco países: España, Portugal, Francia, Reino Unido e Xapón.

Santiago de Compostela, 24 de Novembro de 2020

As memorias do Camiño durante o ano da pandemia, nas Torres Hejduk

O Camiño de Santiago agocha tantos relatos como facianas e capturar algúns deles foi o que se propuxo o Colectivo Cantz, formado polos artistas visuais Felipe Romero e Marius Ionut Scarlat. Ata o 7 de marzo, podedes ver o seu traballo nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura, transformadas nun depósito de memorias e experiencias do Camiño recollidas no ano da pandemia, a través da intervención artística A distancia da imaxe.

Galego

Proxectos de 14 centros de ensino que apostan pola inclusión e a innovación educativa danse a coñecer na Maker Faire

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta, José Luis Mira, chamou a atención esta mañá sobre a innovación que se está a desenvolver desde os centros de ensino galegos, presentando como exemplo os proxectos maker dos 14 centros de primaria, secundaria e formación profesional que se presentan hoxe na xornada educativa da Maker Faire Galicia 2020.

Santiago de Compostela, 20 de Novembro de 2020

Os graffitis finalistas do Xuventude Crea expóñense no Museo Centro Gaiás

A Xunta de Galicia expón no Hall de tirantes do Museo Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, as dez obras finalistas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2020. A mostra destes murais estará aberta ao público ata o vindeiro 21 de decembro, en horario de 10:00 ás 20:00 horas de luns a domingo.

Santiago de Compostela, 18 de Novembro de 2020

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS