O monólogo 'Golpes' sensibilizará no Gaiás sobre a violencia machista

A Xunta de Galicia ofrecerá na Cidade da Cultura a representación de Golpes, un monólogo teatral contra a violencia machista producida pola compañía galega aAntena e que está interpretado pola actriz Estíbaliz Veiga. A peza escenificarase no Museo Centro Gaiás o vindeiro martes, día 24 de novembro, ás 20 horas con entrada de balde, previa retirada de convite desde hoxe mesmo en ataquilla.com.

Santiago de Compostela, 18 de Novembro de 2020

Golpes | Peza teatral contra a violencia machista

A compañía aAntena saca o mellor do talento da actriz galega Estíbaliz Veiga para pór en escena un relato cru e directo polo cotiá das accións de como unha moza vai cedendo nunha relación desigual ata irse atopando fóra da súa personalidade.

Trátase dunha peza que afonda dun xeito directo e fuxindo do tráxico en como nas accións máis cotiás nace o “golpe” da desigualdade e chega á violencia machista.

Inauguración de «As miradas de Isaac» como unha débeda impagable coa visión innovadora da cultura, co talento creativo e co emprendemento tenaz de Díaz Pardo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que a Galicia actual ten unha débeda impagable coa visión innovadora da nosa cultura, co talento creativo e co emprendemento tenaz de Díaz Pardo.

“Isaac Díaz Pardo conforma un legado do que todos somos herdeiros; a súa obra é un lugar onde atoparnos”, dixo, subliñando que o pintor, deseñador, ceramista, escritor, empresario e editor, forma parte do pórtico de persoeiros que, a través de diferentes disciplinas, traballaron para construír o que hoxe somos.

Santiago de Compostela, 06 de Novembro de 2020

Visitas comentadas | As miradas de Isaac

Descubre da man dos nosos guías un personaxe irrepetible como foi Isaac Díaz Pardo, quen abordou múltiples disciplinas, tanto as relativas ao mundo da arte, como ás do intelecto, ás técnicas ou ás industriais e sacou adiante importantes iniciativas que acadaron un salientable papel no conxunto da cultura galega do século XX. Unha mostra que procura, ademais, expresar a excelencia humana de Díaz Pardo, posiblemente o personaxe máis homenaxeado, admirado e querido da historia recente de Galicia.

Exposición na Biblioteca de Galicia sobre o tratamento da violencia machista na prensa

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inauguraron hoxe na Biblioteca de Galicia a mostra Pobre Asunción!: a violencia de xénero na prensa, coa que a Xunta de Galicia repasa a evolución do tratamento da violencia de xénero na historia a partir de parte dos fondos que custodia a Cidade da Cultura, así como a partir de documentos literarios e arquivísticos.

Santiago de Compostela, 03 de Novembro de 2020

Os 144 números da revista Nós, convertidos en libro electrónico no seu centenario

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presentaron hoxe a dixitalización da revista Nós, que supoñen un paso adiante na difusión nacional e internacional da publicación ao converter en formato libro electrónico a totalidade dos exemplares e ao poñer en marcha unha nova web que recolle todo o universo Nós, coincidindo co centenario do primeiro número da revista.

Santiago de Compostela, 30 de Outubro de 2020

O Museo Gaiás entra nas aulas cun programa de visitas didácticas por videoconferencia

O Museo Centro Gaiás leva as súas exposicións ás aulas grazas a un programa –pioneiro en Galicia– de visitas didácticas realizadas a través de videoconferencia. A iniciativa ofrece así aos centros de ensino unha alternativa ás saídas escolares programadas, nun momento no que estas se viron limitadas polas actuais medidas de contención da pandemia da covid-19.

Santiago de Compostela, 29 de Outubro de 2020

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS