As miradas de Isaac

As miradas de Isaac é a primeira grande exposición sobre Díaz Pardo despois do seu falecemento (5 de xaneiro de 2012) e faise facéndoa coincidir co centenario do nacemento (22 de agosto de 1920) co obxecto de situar como merece na  historia de Galicia ao responsable de achegas tan relevantes como Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información ou o Museo de Arte Contemporánea Carlo

La Fura dels Baus contará con Cantigas e Agarimos para o seu espectáculo no Gaiás sobre a loita contra pandemia da covid-19

La Fura dels Baus contará coa participación de membros da centenaria Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos para o seu macroespectáculo deste mércores no Gaiás, NN (Nova Normalidade). Nel a compañía catalá salienta o papel do persoal sanitario e científico que traballa na loita contra a covid-19.

Santiago de Compostela, 28 de Xullo de 2020

Fogos do Apóstolo 2020 no Gaiás

Os exteriores da Cidade da Cultura e o Bosque de Galicia permanecerán abertos esta noite ata as dúas da madrugada para poder contemplar os Fogos do Apóstolo, que nesta ocasión se lanzarán desde oito localizacións diferentes de Santiago, entre elas o monte Gaiás.

A praza central, as faldras do Bosque de Galicia ou outros puntos do complexo, como o Parque da Balea, ofrecen unha boa visibilidade do ceo de Compostela, permitindo gozar do espectáculo respectando a distancia social. 

Galego

‘Cinema e emocións’ trae ao Museo Gaiás unha viaxe á infancia a través de fondos da Cinémathèque française

O Museo Centro Gaiás exhibe desde hoxe Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia, unha exposición organizada por La Cinémathèque française e a Fundación ”la Caixa”, en colaboración coa Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 2021. A mostra convida a un percorrido a través dun século de historia do cinema e a unha reflexión sobre o papel fundamental da infancia na creación de relatos e personaxes no cine, así como sobre a influencia que ten a sétima arte no propio desenvolvemento persoal durante a nenez.

Santiago de Compostela, 22 de Xullo de 2020

O soul e o jazz de Xoana en Atardecer no Gaiás 2020

Atardecer no Gaiás —o ciclo de concertos de balde e ao solpor da  Xunta de Galicia na Cidade da Cultura— contará este xoves co soul e co jazz da portentosa voz da cantante Xoana, finalista co seu traballo ‘Dardos’ ao Mellor Disco en Galego dos Premios de la Música Independiente (MIN), onde chegou a estar nominada en sete categorías.

Santiago de Compostela, 21 de Xullo de 2020

Xa coñecemos os nomes dos 40 creadores emerxentes que participarán no EAN10

A Cidade da Cultura deu a coñecer hoxe os nomes dos 40 creadores galegos emerxentes que foron seleccionados para participar no Encontro de Artistas Novos (EAN), que lles dará a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás, durante a que dar a coñecer o seu proxecto creativo. Poderán tamén intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada, e optar a realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, co Camiño de Santiago como eixo.

Santiago de Compostela, 17 de Xullo de 2020

Letras Galegas | Carvalho Calero

Un ano máis a Biblioteca de Galicia quere contribuír a difundir á figura elixida pola Real Academia Galega (RAG) para ser homenaxeada no Día das Letras Galegas. Este ano 2020 a figura elixida foi a do estudoso da lingua e da literatura galega Ricardo Carvalho Calero. Unha das consecuencias da situación tan excepcional que estamos a vivir pola crise sanitaria do COVID-19 foi a celebración de xeito virtual do Día das Letras Galegas o pasado 17 de maio.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS