As dornas de Xocas e un Vicente Risco "enrabechado": tesouros cotiás de 'Galicia, de Nós a nós'

Se vos achegades a visitar Galicia, de Nós a nós, seguro que chamará a vosa atención a impoñente dorna que ocupa unha das salas da exposición. Non deixedes de mirar a vitrina ao seu carón para atopar esta brincadeira, en formato de banda deseñada, que o director da revista Nós, Vicente Risco, lle remitiu como desculpa a Xaquín Lourenzo, Xocas, precisamente polo retraso na publicacion do seu artigo sobre as dornas.

Galego

Un espazo web de referencia sobre o universo de Díaz Pardo completa a exposición ‘As miradas de Isaac’

A Xunta presentou hoxe na Cidade da Cultura a web Isaac Díaz Pardo. Memoria viva – www.isaacdiazpardo.gal – que procura ser un espazo de referencia onde concentrar todo o universo do impulsor de achegas tan relevantes para Galicia como Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside.

Santiago de Compostela, 07 de Decembro de 2020

O Museo Gaiás exhibe un mural realizado por Seoane na Arxentina, que a Xunta vén de recuperar para o patrimonio público

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura exhibirá de xeito permanente un mural realizado na Arxentina por Luis Seoane, que a Xunta de Galicia vén de recuperar para o patrimonio público. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na presentación desta peza, unha das poucas testemuñas que se conservan en Galicia da produción muralística deste gran renovador da arte galega do século XX, e impulsor dunha obra gráfica, editorial e empresarial de fonda pegada cultural.

Santiago de Compostela, 06 de Decembro de 2020

Xabier Díaz achega as técnicas tradicionais da pandeireta a 30 músicos afeccionados

A Cidade da Cultura de Galicia está a ofrecer este sábado un obradoiro de balde de pandeireta co músico Xabier Díaz, galardoado este ano xunto ás Adufeiras de Salitre co Premio Martín Códax da Música 2020 na categoría Tradicional. Trátase dun dos profesionais máis prestixiosos da música de raíz de Galicia, recoñecido tamén polo seu rigoroso traballo de investigación e recuperación.

Santiago de Compostela, 05 de Decembro de 2020

Nadal no Gaiás cunha grande árbore interactiva e con música ao vivo e en streaming

A Xunta de Galicia convida as familias a gozar do 18 de decembro ao 6 de xaneiro dun Nadal no Gaiás na que unha xigante árbore interactiva, Stellae, será a gran protagonista destas festas na Cidade da Cultura: xa que van ser as e os propios visitantes, a través dos seus dispositivos móbiles, os que decidan como iluminala e as composicións musicais que emanen dela.

Santiago de Compostela, 03 de Decembro de 2020

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS