Arredor de Nós | Visitas relatorio a 'Galicia, de Nós a nós'

A través do ciclo Arredor de Nós, todos os martes pola tarde entre o 3 de novembro e o 1 de decembro o público poderá mergullarse dun xeito diferente na exposición Galicia, de Nós a nós, afondando nun aspecto ou temática concreta da man de grandes expertos e expertas nesa materia. Aspectos como o deseño das icónicas capas da revista que asinou Castelao, a literatura de viaxes ou o devir das xentes de Nós trala desaparición da revista serán temas protagonistas deste programa de visitas, de balde con inscrición previa -que se abrirá o xoves anterior a cada visita-, que desenvolve a Cidade da Cultura este outono.

Unha oportunidade única para descubrir a mostra cada semana cunha óptica distinta, a través dunha visita en sala a modo de conferencia, versada nun aspecto concreto da exposición do que é especialista o relator ou relatora. Así, o ciclo arrancará coas visitas conducidas pola comisaria e comisario da mostra, Ana Acuña e Afonso Vázquez-Monxardín, continuando coas propostas da doutora en Filoloxía Olivia Rodríguez, o deseñador e ilustrador Pepe Barro, e a licenciada en Historia e en Arte e integrante do Padroado do Museo do Pobo Galego, María Xosé Fernández Cerviño, coa que pecharemos o programa de relatorios o 1 de decembro. 

As visitas, gravadas en vídeo, poden verse na nosa canle de Youtube

CALENDARIO

  • 3 de novembro | Teatro, cine, radio e música na revista Nós | Con Ana Acuña Trabazo, profesora da Universidade de Vigo e comisaria da exposición. Podes vela premendo aquí.
  • 10 de novembro | Un percorrido polas claves de Nós | Con Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, catedrático no IES As Lagoas de Ourense, académico correspondente da Real Academia Galega e comisario da exposición. Podes vela premendo aquí.
  • 17 de novembro | Nós. Viaxes e literatura | Con Olivia Rodríguez González, doutora en Filoloxía e profesora na Universidade da Coruña. Podes vela premendo aquí.
  • 24 de novembro | O deseño que hai en Nós | Con Pepe Barro, deseñador e ilustrador. Podes vela premendo aquí.
  • 1 de decembro | O alento de Nós, despois de Nós | Con María Xosé Fernández Cerviño, licenciada en Historia e en Arte pola USC e patroa do Museo do Pobo Galego. Podes vela premendo aquí.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas