Domingos de cinema familiar no Gaiás cun pequeno ciclo, escolma de filmes da exposición 'Cinemas e emocións'

A Xunta de Galicia converterá a Cidade da Cultura nun efémero cinema de outono para proxectar as tardes dos domingos 18 e 25 de outubro e 1 e 8 de novembro un pequeno ciclo familiar cos filmes Inside out, Le Havre, Ma vie de courgette e

Santiago de Compostela, 09 de Outubro de 2020

Homenaxe a Concepción Arenal na Biblioteca de Galicia cunha exposición

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Concepción Arenal: Bicentenario 1820-2020, unha mostra coa que a Xunta de Galicia rende homenaxe a esta autora e que reúne varias das súas primeiras composicións, incluídas as reproducións dalgunha das súas cartas, como a que custodia a Biblioteca do Mosteiro de Poio.

Santiago de Compostela, 07 de Outubro de 2020

A VI Maker Faire Galicia, este ano totalmente online, contará cunha xornada destinada en exclusiva á educación

A VI Maker Faire Galicia, unha das feiras maker máis importantes de Europa, desenvolverase este ano 100% online e contará por primeira vez cunha xornada destinada en exclusiva á educación. O novo formato permitirá que esta sexta edición da feira de innovación se poida seguir deste todo o mundo, o que fará posible fortalecer os valores diferenciais da cita no referido ao coñecemento compartido e ao seu carácter interactivo.

Santiago de Compostela, 04 de Outubro de 2020

O presidente da Xunta reivindica os valores da Xeración Nós na inauguración da exposición 'De Nós a nós'

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe os valores e principios da Xeración Nós, que permanece fiel a un galeguismo de concordia e onde se atopan as orixes culturais “da Galicia que somos”.

“A Xeración Nós percorre a nosa cultura, a retrata e a rescata”, dixo, lembrando que, a partir dese fito que marca aquela congregación de talento e empuxe, a cultura galega ten un lugar relevante e imprescindible na sinfonía das grandes culturas do mundo.

Santiago de Compostela, 02 de Outubro de 2020

Visitas comentadas á exposición 'Galicia, de Nós a nós'

Descubre da man dos nosos guías a gran cita cultural deste outono no que conmemoramos o centenario da revista Nós. Convidámoste a un percorrido, artellado en cinco seccións, desde o tempo dos considerados pais do galeguismo contemporáneo ata os nosos días no que coñeceremos polo miúdo unha publicación que é referente imprescindible da Galicia contemporánea.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS