Os 10 anos do Arquivo de Galicia feitos exposición

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe na Cidade da Cultura Memoria dunha década, a mostra impulsada pola Xunta no marco do décimo aniversario do Arquivo de Galicia. Trátase dunha exposición que fai un percorrido polo traballo desta entidade desde a súa creación, no ano 2010, e que se pode contemplar ata o vindeiro 16 de outubro no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de Setembro de 2020

Día das Bibliotecas | Obradoiro: Formas, cores e movemento. Deseñar xogando

Con motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas, a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro organiza esta actividade na Biblioteca e Arquivo de Galicia, situada na Cidade da Cultura.

Co obxectivo de animar os e as participantes á inventiva, á creación e á exploración. Por este motivo, neste obradoiro vaise levar a cabo unha instalación efémera realizada con papel de cores e unha grampadora para conseguir uns deseños extraordinarios.

O Museo Gaiás comeza a recibir as 300 pezas da gran exposición coa que a Xunta homenaxea o legado da Xeración Nós

O Museo Centro Gaiás comezou xa a recibir as primeiras das arredor de 300 obras que comporán a exposición Galicia, de Nós a nós, a máis completa e ambiciosa mostra realizada ata o de agora sobre a Xeración Nós e proxecto central da programación que a Xunta de Galicia desenvolve con motivo do centenario da publicación da revista que lle dou nome –que se conmemora este outono–.

Santiago de Compostela, 21 de Setembro de 2020

O WOS Talks x Fest Galicia reflexiona sobre o presente e futuro da vangarda artística e cultural

A Cidade da Cultura de Galicia afonda hoxe sobre o contexto actual na música, nas artes e na vangarda das industrias culturais no seu conxunto a través do encontro WOS Talks x Fest Galicia: Futuro_Presente, a única actividade que o WOS Festival celebra este ano debido á situación sanitaria provocada pola covid-19. O evento ten un formato híbrido, podendo seguirse tanto de xeito presencial no Gaiás –cumprindo con todas as medidas de distancia social e protección– como en liña.

Santiago de Compostela, 19 de Setembro de 2020

O ‘Obradoiro de novela Cidade da Cultura’ retoma as clases á procura de novos valores da narrativa galega

A Fundación Cidade da Cultura retoma esta tarde as sesións formativas programadas no segundo Obradoiro de Novela Cidade da Cultura coa clase maxistral da escritora Arantza Portabales. A programación, que arrancara o pasado mes de marzo e tivera que ser adiada por mor do estado de alarma, continuará a desenvolverse ata o 23 de outubro con outras oito sesións teóricas da man de autores e autoras de éxito e profesionais do mundo editorial.

Santiago de Compostela, 04 de Setembro de 2020

Maker Faire Galicia 2020 | Edición en liña

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura transfórmase este novembro no espazo virtual que acollerá a Maker Faire Galicia, que na súa sexta edición estrea un novo formato totalmente en liña. O encontro volverá ser un grande escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para todos os públicos, ao que neste ano atípico se accederá de maneira remota desde calquera punto do planeta.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS