Todo o universo da Xeración Nós xa está accesible nun mesmo portal web

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presentaron hoxe na Cidade da Cultura a web da Revista Nós que aglutinará nun único portal todos os contidos vencellados co grupo de intelectuais que revolucionou a Galicia do seu tempo ensanchando as nosas fronteiras culturais.

Santiago de Compostela, 16 de Decembro de 2020

A amizade entre Díaz Pardo e Seoane

Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane protagonizaron unha fermosa historia de amizade da que froitificaron proxectos culturais de tanta envergadura como o Laboratorio de Formas ou o Museo Galego de Arte Contemporánea - Carlos Maside. Desde a semana pasada, a Cidade da Cultura exhibe de forma permanente un testemuño único deste vínculo: o mural que Seoane concibiu para a fábrica de Porcelanas de Magdalena, que Isaac fundara na pampa arxentina, a carón do río da Prata.

Galego

Espellos

O Bosque de Galicia acolle a intervención artística Espellos  realizada polo artista Manolo Paz co obxectivo de afianzar o vínculo deste complexo arquitectónico coa Ruta Xacobea e a cidade de Santiago de Compostela.

Está composta por grandes cilindros de pedra que funcionan como unha gran fiestra de pedra desde a que contemplar a capital galega desde unha perspectiva única. 

Galego

Manolo Paz crea no Gaiás un orixinal miradoiro cara a catedral de Santiago

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, achegouse ao Bosque de Galicia, na Cidade da Cultura, para visitar a intervención artística Espellos realizada polo artista Manolo Paz co obxectivo de afianzar o vínculo deste complexo arquitectónico coa Ruta Xacobea e a cidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 13 de Decembro de 2020

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS