Concerto de M-Clan

AVISO

Suspéndese o concerto de M Clan previsto para o 20 de setembro na Praza Central do Gaiás.

A produtora Bring The Noise, promotora do evento, vén de anunciar esta decisión á luz das novas medidas sanitarias para a contención da covid-19 que afectan ao concello de Santiago de Compostela, informando ademais de que todas as persoas que teñan mercado a súa entrada recibirán a devolución automaticamente.

-------

Un #EAN10 para descubrir o talento emerxente que marcará o devir da arte galega

O Foro Aberto do X Encontro de Artistas Novos - #EAN10 achegounos reflexións sobre o íntimo e o público, o tempo e a perda, a raza e o xénero, o goce e o medo, a natureza e o abandono, o rural e o cosmopolita... Ao longo de catro xornadas viaxamos polo universo creativo de 40 artistas emerxentes de Galicia, descubrindo o mundo a través do seu xeito de mirar.

Galego

Lola Correa, nova directora de Escenas do cambio

A xestora cultural Lola Correa (Vigo, 1962) vén de ser designada como nova directora de Escenas do cambio, o Festival de inverno de Teatro, Danza e Arte en acción da Cidade da Cultura e un dos máis vangardistas de Galicia nestas disciplinas.

Lola Correa, que foi directora durante 16 anos do Festival das Artes Escénicas de Vigo ALT, tomará as rendas xa da sétima edición, que se celebrará a principios do ano que vén, e cuxa programación estará enmarcada no Xacobeo 2021.

Santiago de Compostela, 27 de Agosto de 2020

A Xunta de Galicia reúne 50 grupos e solistas galegos nas gravacións do novo programa musical ‘Galicia Emerxe’

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia acolle desde esta tarde e durante cinco semanas os traballos de gravación dos 50 concertos ao vivo de Galicia Emerxe, un novo programa musical creado pola Xunta de Galicia, que foi presentado hoxe polo conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, como parte do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19.

Santiago de Compostela, 27 de Agosto de 2020

Concepción Arenal. Entre o conto da súa vida e o imposible

Este ano conmemórase o 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal, e a Biblioteca de Galicia quere rendirlle unha homenaxe coa realización dun obradoiro para dar a coñecer figura dunha muller activista e pioneira nos movementos fiministas e de igualdade de xénero; unha muller disposta a revelarse por aquelas persoas máis desfavorecidas: os pobres, as mulleres e os presos.

O Gaiás pon en valor a cultura urbana feita por mulleres nunha xornada con faladoiros, mesa redonda e jam pictórica

A Xunta de Galicia porá en valor a cultura urbana feita por mulleres en Galicia nunha xornada, que se celebrará o sábado 12 de setembro no Gaiás, e que inclúe faladoiros, unha mesa de debate, un  e un concerto de peche coa compositora e intérprete viguesa High Paw.

Santiago de Compostela, 25 de Agosto de 2020

Arranca o #EAN10 con 40 artistas emerxentes de Galicia que presentan os seus traballos no Gaiás

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, deu esta mañá a benvida aos 40 creadores e creadoras galegas que participan na décima edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN10. O Encontro, que promove a creación contemporánea e o intercambio de coñecemento a través dunha residencia artística no Gaiás, está impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura –enmarcándose ademais na programación do Xacobeo 2021– e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell.

Santiago de Compostela, 24 de Agosto de 2020

Delas Fest | Mulleres e cultura urbana

A Cidade da Cultura de Galicia acolle a celebración de Mulleres e cultura urbana, unha xornada con faladoiros, mesa redonda e jam artística organizada por 7H Cooperativa, dentro do Fondo Xacobeo 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta. Trátase dunha xornada encadrada dentro do II Delas Fest, festival feminista de arte urbana e contextual, que se celebra na comarca de Santiago de Compostela entre o 24  de  agosto  e  o  20  de  setembro  de 2020.

'As miradas de Isaac', exposición no Museo Gaiás para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo

A Xunta de Galicia conmemorará o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo (22 de agosto de 1920 - 5 de xaneiro de 2012) cunha grande exposición na Cidade da Cultura, composta por obras de arte, diversos obxectos persoais, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións. Poderá verse no Museo Gaiás, do 6 de novembro de 2020 ao 4 de abril de 2021, e estará comisariada por dous dos seus fillos, Xosé e Camilo Díaz Arias de Castro.

Santiago de Compostela, 21 de Agosto de 2020

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS