Os trasnos do Nadal - Teatro | Nadal no Gaiás

A Biblioteca de Galicia trae para estas datas especiais de decembro, sobre todo para a cativada, un animado cabaré centrado na temática de Nadal,  con 7 elfos en escena. A escenografía da obra Os trasnos do Nadal recrea un teatriño  onde os elfos do Polo Norte contarán como é a súa vida ao longo de todo o ano en Laponia, axudando a Papá Noel, e como terán que facer para solucionar un descoido do Reno Rodolfo que os deixou esquecidos na Cidade da Cultura de Galicia. Co fío condutor dunha presentadora e narradora e por medio de coreografías e números musicais que percorren temas clásicos do Nadal, estes seres máxicos farán as delicias dos máis pequenos. Non faltará o acompañamento de panxoliñas tradicionais galegas.

O espectáculo corre a cargo de Nelson Quinteiro Producciones, dinamizador cultural e cabareteiro con paixón pola música e a danza tradicional. 

 
En familia