Pequefilmes consolida a súa proxección internacional e trae máis de 80 curtas infantís de 20 países á Cidade da Cultura

A Xunta fomenta a creación de novos públicos para o cinema cunha nova edición do festival de curtametraxes Pequefilmes, que este ano se consolida como polo de atracción das mellores pezas audiovisuais para as audiencias infantís. Cunha programación que supera os 80 filmes procedentes de máis de 20 países, Pequefilmes é xa unha cita cultural imprescindible para as familias e tamén para creadores de todo mundo.

Santiago de Compostela, 19 de Xaneiro de 2022

Pequefilmes 2022

Volve o mellor cine miúdo á Cidade da Cultura coa sexta edición de Pequefilmes. O festival de curtametraxes infantís consolida a súa oferta e proxección internacional cunha amplísima selección de filmes de animación e imaxe real no que teñen cabida todos os estilos e xéneros.

Obradoiro de ilustración | Descubre e colorea os seres máxicos galegos

A Biblioteca de Galicia, con motivo da conmemoración do Día da Ilustración, organiza a actividade Descubre e colorea os seres máxicos galegos, a cargo da ilustradora Paula Mayor e a contocontos A cuentista trapecista. Trátase dun obradoiro no que a cativada poderá descubrir as lendas dos seres fantásticos que habitan Galicia dende tempos remotos e darlle vida con pinturas a unha serie de personaxes para que poidan poboar o bosque.

Castillo, escultor | Bronce, ferro, arxila

A escultura de Jorge Castillo inventa novas formas coas que explicar o desasosego e afondar na natureza humana. Malia ser a súa faceta máis descoñecida, o traballo escultórico é unha constante ao longo das súas seis décadas de traxectoria creadora, nas que entrou en contacto con figuras da arte como Giacometti ou Raquel Forner e a súa obra pasou a integrar coleccións tan prestixiosas coma as do San Francisco Museum of Modern Art, o Guggenheim Museum de Nova York, ou a Nationalgalerie de Berlín.

Galego

A exposición ‘Galicia Futura’ encara a súa derradeira semana por riba das 35.000 visitas

A Cidade da Cultura de Galicia despide o vindeiro domingo 9 de xaneiro a exposición Galicia futura. Todo o que imos ser, que chega á súa derradeira semana no Museo Centro Gaiás superando as 35.000 visitas e cunha media diaria de arredor de 250.

Santiago de Compostela, 04 de Xaneiro de 2022

A Cidade da Cultura recibe 2022 cun espectáculo de Circo de Nadal e premios para a cativada máis creativa

A Cidade da Cultura acolle este luns 3 de xaneiro o último dos espectáculos incluídos na programación do Nadal no Gaiás deste ano, unha proposta de La Fiesta Escénica especialmente deseñada e construída para levar ao escenario a maxia dos circos e do Nadal. As familias asistentes poderán abraiarse con animais animatrónicos, creados coa aparencia e o movemento de animais de verdade, ademais de especialidades circenses como aéreos, equilibrios, acrobacias ou malabares.

Santiago de Compostela, 03 de Xaneiro de 2022

A Cidade da Cultura pecha 2021 cun máximo histórico con 230.000 participantes en actividades culturais

A Cidade a Cultura de Galicia pecha 2021 acadando un máximo histórico no número de participantes nas actividades do seu programa cultural, cun total de 229.462, o que representa un incremento dun 20% respecto ao 2019, último ano antes de pandemia.

Santiago de Compostela, 29 de Decembro de 2021

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS