Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia con Marina Heredia | Nadal no Gaiás

A Orquestra Sinfónica de Galicia abrirá a programación de Nadal na mesma tarde do acendido do alumeado no Gaiás, o venres 17 de decembro, nun gran concerto no que a agrupación estará dirixida polo seu director asociado, José Trigueros, e acompañada pola recoñecida cantaora Marina Heredia.

José Trigueros

A súa sólida formación e o seu profundo coñecemento dunha orquestra desde dentro, grazas á súa longa experiencia como primeiro percusionista da Orquestra Sinfónica de Galicia, fan de José Trigueros un dos directores españois con maior proxección. Formado nos conservatorios de Valencia e Ámsterdam, Trigueros comezou os seus estudos de dirección de orquestra da man do mestre Bruno Aprea e posteriormente ampliounos no Conservatorio de Bruxelas con Patrick Davin.

Marina Heredia

Nada en Granada, filla do cantaor Jaime «El Parrrón», Marina Heredia comezou a cantar desde a súa infancia, colaborando con reputados artistas flamencos durante a súa carreira. A longo da súa traxectoria leva pisando os mellores escenarios a nivel nacional e internacional e é unha das artistas máis reclamadas para interpretar a obra de Manuel de Falla.

Programa

O programa, que terá unha duración de 1 hora e 10 minutos, aproximadamente, está composto polas seguintes obras:

  1. 1ª parte (30 min): Cancións españolas antigas. Federico García Lorca (1898-1936)
  2. 2ª parte (35 min): El corregidor y la molinera. Manuel de Falla (1876-1946)


 

 
Música & Escena