'Sempre palpitante. Emilia Pardo Bazán' reúne na Biblioteca de Galicia unha mostra da obra máis significativa da intelectual galega

A Xunta inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia unha exposición no marco da conmemoración do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén impulsando durante este ano esta efeméride con diversos actos, congresos, actividades de formación ou mostras como a que está aberta ao público no Gaiás ata xaneiro de 2022. Sempre palpitante.

Santiago de Compostela, 22 de Decembro de 2021

O II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura contempla máis de 5.000 actividades dirixidas a potenciar a creatividade e a innovación en Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, deu a coñecer esta maña en Santiago o II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura, un programa de 70 accións que mobilizarán preto de 30 millóns de euros destinados a potenciar a innovación e a creatividade como motores de desenvolvemento de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de Decembro de 2021

A instalación 'O marabilloso Camiño de Inverno' une o Nadal coa Ruta Xacobea no Museo Centro Gaiás

A Xunta de Galicia convida ás familias a percorrer O marabilloso Camiño de Inverno na Cidade da Cultura, unha instalación que nos transporta á Ruta Xacobea, atravesando un bosque de luz poboado por globos de neve xigantes e pequenos que atesouran no seu interior paisaxes, monumentos e cidades emblemáticas do Camiño.

Santiago de Compostela, 17 de Decembro de 2021

Representantes da Biblioteca Nacional de España, do Ministerio de Cultura e de 16 autonomías reúnense no Gaiás para analizar o futuro dos centros

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura unha xornada técnica que, baixo o título Panorama actual das bibliotecas autonómicas, reúne no Gaiás durante dous días a representantes da Biblioteca Nacional de España e do Ministerio de Cultura e Deporte, ademais de responsables dos sistemas centrais de institucións bibliotecarias a nivel territorial de 16 comunidades e de Ceuta. Trátase dun encontro que se celebra por primeira vez en Galicia e no que se analiza o futuro destes centros.

Santiago de Compostela, 16 de Decembro de 2021

A Cidade da Cultura acolle o debut da cantaora Marina Heredia coa Sinfónica de Galicia na súa programación de Nadal

A Cidade da Cultura é o escenario elixido para o primeiro concerto da xira da Sinfónica de Galicia coa cantaora Marina Heredia, que fará o seu debut coa orquestra o 17 de decembro no Museo Centro Gaiás.

Santiago de Compostela, 15 de Decembro de 2021

#Culturalike3 reflexiona sobre divulgación cultural e científica en internet no marco de 'Galicia futura'

A Cidade da Cultura acolle hoxe a terceira edición do #Culturalike, un encontro promovido pola Xunta de Galicia –e enmarcado na programación arredor da exposición Galicia futura–, para reflexionar sobre as claves da divulgación cultural e científica en internet.

Santiago de Compostela, 11 de Decembro de 2021

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS