A proposta quere ser unha unión entre a maxia do Camiño neste ano Xacobeo e a maxia propia do Nadal. Así, organízanse unha serie de obradoiros e unha mostra final que amosará dende o punto de vista da maxia as ilusións do Camiño.
Catro obradoiros de maxia e un espectáculo especial
Tardes de maxia - Prográmanse 4 obradoiros nos que os trucos de maxia estarán tematizados sobre lendas e historias do Camiño de Santiago con especial énfase no Camiño Portugués.
- Día 22: Os biosbardos
- Día 23: O galo de Barcelos [entradas esgotadas]
- Día 28: A maxia dos petróglifos [entradas esgotadas]
- Día 29: O tesouro dos Mouros [entradas esgotadas]
Ilusións do camiño [ENTRADAS] – Función que descubrirá o Camiño de Santiago a través da maxia para toda a familia. Estará protagonizada por catro magos que farán os trucos contando historias e lendas das Rutas Xacobeas. O Camiño de Santiago é unha fonte inesgotable de misterios, e que mellor maneira de descubrilos que a través da maxia!
Magia en la Manga é unha compañía de espectáculos de maxia fundada en 2019 por catro ilusionistas profesionais galegos con anos de experiencia nos escenarios: Óscar Fernández, Xulio Merino, Sara Rodríguez e Carlos Tomico.
