Circo de Nadal | Nadal no Gaiás

Espectáculo cunha coidada escenografía especialmente deseñada e construída para levar a maxia dos circos e do Nadal ao espazo escénico. Nel poderán verse osos polares animatrónicos, animais artificiais creados especificamente para as pistas de circo e coa aparencia e o movemento de animais de verdade. Non faltarán outras moitas especialidades circenses como acrobacias 'antipodistas' ou malabares.

A compañía La Fiesta Escénica foi creada en Arxentina pero asentada en Galicia, en Baiona, dende o 2001. Ao grupo sumáronse dende entón artistas locais e internacionais. A súa aposta pola creación de animais de gran realismo recibiu recoñecemento internacional.