A Xunta e a Universidade de Vigo promoven no Gaiás a creación de videoxogos a partir de obras literarias

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, amplía o programa de Residencias Artísticas do Gaiás á creación dixital e aos videoxogos coa Residencia COMTECART, promovida en conxunto coa Universidade de Vigo. A iniciativa permitirá a 17 estudantes e egresados recentes da universidade aproveitar os espazos e recursos da Cidade da Cultura para desenvolver proxectos de videoxogos baseados en obras literarias galegas.

Santiago de Compostela, 01 de Febreiro de 2022

A Cidade da Cultura transfórmase en sala de cine para acoller o público miúdo de Pequefilmes 2022

A Cidade da Cultura acolle hoxe e mañá a sexta edición de Pequefilmes, o festival de curtametraxes organizado pola Xunta no que as nenas e nenos son o público principal e tamén o xurado encargado de valorar os máis de 80 filmes que se proxectan no Gaiás. Os auditorios 1 e 2 do Edificio CINC transfórmanse en salas de cinema para ver en pantalla grande o mellor cinema internacional para o público infantil.

Santiago de Compostela, 29 de Xaneiro de 2022

A Biblioteca de Galicia inaugura a mostra 'Reimundo Patiño. O desacougo creador' sobre un dos pioneiros do cómic en galego

A Xunta de Galicia inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición en homenaxe a Reimundo Patiño neste 2022 polo Día da Ilustración. Ata o 10 de maio, poderá visitarse no Gaiás a mostra que fai un percorrido polas facetas do autor e pintor coruñés, con especial fincapé na banda deseñada, eido no que é considerado un dos pioneiros en Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de Xaneiro de 2022

Matinais Musicais | Ual·la!

A Cidade da Cultura continúa neste 2022 co seu ciclo Matinais Musicais para as mañás  da fin de semana. Despois da programación de outono achega nestes meses de inverno tres propostas para gozar de creacións con estilos tan diversos como orixinais.

Para a mañá do sábado 12 de febreiro coñeceremos a fusión de música e humor de Mateo Lai e Alba Rubió, que conforman Ual·la!

Matinais Musicais | Leticia Rey

A Cidade da Cultura continúa neste 2022 co seu ciclo Matinais Musicais para as mañás da fin de semana. Despois da programación de outono achega nestes meses de inverno tres propostas para gozar de creacións con estilos tan diversos como orixinais.

Na mañá do sábado 5 de febreiro contaremos coa colaboración de Leticia Rey, cantautora galega encargada de abrir este ciclo.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS