O Atlantic Emprende+Gaiás suporá un espazo de encontro profesional arredor da industria musical

A Cidade da Cultura de Galicia acolle os vindeiros 24 e 25 de marzo o Atlantic Emprende+Gaiás, un espazo para o encontro entre profesionais, estudantes, emprendedores e empresas do sector musical. Estas xornadas inclúen charlas de expertos en torno aos retos e oportunidades da industria no panorama actual, abordando temas como o rol da música no desenvolvemento dos territorios e do sector turístico; ou novos modelos de eventos e festivais, adaptados a novos públicos.

Santiago de Compostela, 07 de Marzo de 2018

Medio cento de escolares plantan carballos e bidueiros no Bosque de Galicia polo Día da Árbore

A Cidade da Cultura de Galicia adiántase á celebración do Día da Árbore (o 21 de marzo) e festexa este efeméride coa campaña Ponnos verde! coa túa escola, na que escolares plantarán carballos e bidueiros no Bosque de Galicia, inmerso na ampliación da segunda fase que contará, ao rematar, con 34 hectáreas e 12.000 árbores autóctonas.

Santiago de Compostela, 06 de Marzo de 2018

Concerto para o Día da Muller dunha banda feminina de 81 instrumentistas

A Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración do Día da Muller co primeiro concerto que se organizará na Comunidade galega dunha banda integramente feminina. Marcamos o compás xuntará, o 17 de marzo ás 20,30 h. no Museo Centro Gaiás, a 81 instrumentistas que interpretarán un repertorio de pezas creadas todas elas por compositoras.

Santiago de Compostela, 05 de Marzo de 2018

Viaxe ao medievo no Gaiás co concerto de Ensemble Micrologus para despedir o Pergamiño Vindel

A Cidade da Cultura de Galicia mergullarase hoxe no medievo a través das Cantigas de Amigo de Martín Códax e que interpretarán —do xeito máis fiel a como soaban na época— a emblemática formación Ensemble Micrologus no concerto de despedida do Pergamiño Vindel, que regresa a Nova York tras exhibirse durante seis meses no Museo do Mar de Galicia en Vigo.

Santiago de Compostela, 02 de Marzo de 2018

Unha banda de música feminina para festexar o Día da Muller

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da Banda de Música de Lalín, Isabel María Rubio Molina, mantiveron unha xuntanza de traballo para abordar o concerto que se celebrará na Cidade da Cultura de Galicia o vindeiro 17 de marzo, enmarcado nos actos conmemorativos do Día internacional da muller.

Santiago de Compostela, 26 de Febreiro de 2018

Alberto Vázquez e Manel Cráneo participan na sesión de Nexos sobre animación e banda deseñada en Galicia

O ciclo de cultura contemporánea Nexos contou este sábado na Cidade da Cultura con dous referentes da banda deseñada e da animación en Galicia, Alberto Vázquez e Manel Cráneo, que analizaron as claves da explosión creativa que están a vivir ambas disciplinas, nas que eles dous teñen un amplo recoñecemento con tres Premios Goya, o primeiro; e un Premio Nacional de Cómic, o segundo.

Santiago de Compostela, 24 de Febreiro de 2018

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS