Atlantic Emprende + Gaiás

Atlantic Emprende + Gaiás propón un espazo de encontro entre profesionais, emprendedores, estudantes e empresas da industria musical. En total serán dous días de conferencias, formación, espazos de debate e networking, que pecharán con cadanseu concerto acústico de artistas do panorama galego actual.

Ao longo destas dúas xornadas, que se desenvolverán no Edificio CINC da Cidade da Cultura o 24 e 25 de marzo, os asistentes poderán coñecer mellor a realidade do sector musical e os seus retos e oportunidades, así como explorar novos mercados e liñas negocio, tanto dentro do sector como noutros ámbitos que busquen potenciar o seu negocio traballando coa música como ferramenta.

Entre os temas que se abordarán en Atlantic Emprende + Gaiás estará o rol da música no desenvolvemento dos territorios e do sector turístico; novos modelos de eventos e festivais adaptados a novos públicos; creación de marca e novas estratexias de comunicación e promoción na industria musical; ou aspectos máis específicos como a nova Lei de Espectáculos.

As xornadas contarán con relatores de referencia da industria musical como o director do Primavera Sound de Porto, José Barreiro; a co-fundadora do selo discográfico Subterfuge Records, Gemma del Valle; ou o asesor da Organización Mundial do Turismo, Iñaki Gaztelumendi. O peche de Atlantic Emprende + Gaiás, o domingo 25 de marzo correrá a cargo de DeVacas, o cuarteto de guitarra e tres voces formado por Paula Romero, Inés Salvado, Faia Díaz e Guillerme Fernández, especialmente coñecido polas súas versións en galego de temas comerciais de éxito internacional.

O evento está organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración co Atlantic Fest, e conta ademais co apoio da Agadic. No web www.atlanticfest.com/gal-emprende-gaias pode consultarse o programa completo das xornadas, que son de balde previo inscrición.

 
Música & Escena
 
22 de xuño de 2018
21:00 horas
1 de Xullo
De 11 a 14.30 e 16.30 a 20.30h
5 XULLO-18 AGOSTO
21 horas
21 de setembro
21 horas