Abril, actividades mil na Biblioteca de Galicia


Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro, o 23 de abril, todas as persoas que se acheguen a visitar a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, recibirán un libro de agasallo para conmemorar esta data tan importante, recollida como efeméride salientable no Calendario do Libro e da Lectura.
A Cidade da Cultura de Galicia inaugurou hoxe, coincidindo coa celebración do Día da Árbore, Betula Pendula, unha intervención paisaxística con bidueiros nas Torres Hejduk.
A Cidade da Cultura de Galicia celebra este sábado, 24 de marzo, unha nova sesión de Nexos, na que a análise e a reflexión habitual no seus temas terán como protagonista, nesta ocasión, o estado actual do patrimonio galego, afondando nas ameazas e os retos para a súa conservación baixo o título Confín dos verdes castros... O patrimonio e a identidade de nós.
O Día das Artes Galegas (1 de abril) deste 2018 está dedicado a unha das personalidades galegas máis influentes do século XX: Alejandro de la Sota.
A Cidade da Cultura de Galicia acolle hoxe, ás 20.30 horas, o concerto Marcamos o compás, a primeira actuación que se organiza na Comunidade galega dunha banda integramente feminina, formada por 81 instrumentistas procedentes de toda Galicia, dirixidas por Isabel María Rubio, e que interpretarán un repertorio de pezas creadas todas elas por compositoras, xa que se trata dun evento que se inscribe nos actos conmemorativos do Día da Muller da Consellería de Cu
A Cidade da Cultura acolle desde este venres, 16 de marzo, a mostra máis ambiciosa realizada, ata o momento, sobre a arte galega: Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación. A exposición presenta unha selecta escolma de 192 obras procedentes das dúas coleccións corporativas de arte máis senlleiras da comunidade e entre as máis importantes de España.
Co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno, a Xunta de Galicia -a través da Consellería de Cultura-, a Real Academia Galega (RAG) e o Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa CRTVG, deseñaron un amplo programa de actividades que abranguen iniciativas no eido literario, expositivo, deportivo, empresarial e musical, entre outros, dirixidas a todos os públicos.
O vindeiro 13 de abril a Cidade da Cultura acollerá a xornada CREAGAIÁS, unha iniciativa lúdico-formativa que nace co obxectivo de potenciar o emprendemento e a creatividade así como pór de relevo as empresas e proxectos residentes no Centro de Emprendemento do Gaiás.
A Cidade da Cultura acolleu este mércores o acto institucional do Día Internacional da Muller organizado pola Xunta de Galicia, que levou a cabo a xornada Lidera-A. Muller e Liderado “Avanzando en Igualdade”. Co obxectivo de pór de relevo a importancia do liderado das mulleres, o evento consistiu nun encontro con distintos espazos de aprendizaxe e intercambio nos que analizar o liderado feminino, contribuíndo ao empoderamento e mellora do desenvolvemento persoal e profesional das mulleres así como das entidades, tanto públicas como privadas.