As claves da explosión creativa da banda deseñada e da animación en Galicia, a análise en Nexos

O ciclo de cultura contemporánea Nexos volve este vindeiro sábado, día 24 de febreiro, á Cidade da Cultura de Galicia para analizar as claves da explosión creativa na banda deseñada e animación en Galicia. Para iso, contará con dous galegos, referentes en ambas disciplinas: Alberto Vázquez, gañador de tres Premios Goya, e Manel Cráneo, Premio Nacional de Cómic e creador do coñecido proxecto Planeta Mincha.

Santiago de Compostela, 19 de Febreiro de 2018

Firma do acordo para expoñer por vez primeira en Galicia 'A derradeira leición do mestre' de Castelao

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, asinaron esta mañá un acordo en virtude do cal o cadro A derradeira leición do mestre, unha das obras máis senlleiras pintadas por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, sairá por primeira vez de Arxentina para ser exhibida en Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de Febreiro de 2018

A mostra sobre Pestana, no Cervantes de Madrid

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o director do Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet, inauguraron esta tarde en Madrid a exposición Baldomero Pestana. A verdade entre as mans, nun acto ao que asistiu tamén o director de Relacións Culturais e Científicas da AECID, Roberto Varela.

Santiago de Compostela, 15 de Febreiro de 2018

A obra de José Suárez exhíbese na Universidade de Salamanca con motivo da celebración do seu VIII centenario

A exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan exhíbese desde hoxe e ata o 8 de abril na Hospedería Fonseca, da Universidade de Salamanca, co gallo da celebración do VIII centenario desta institución senlleira, tras terse amosado en Madrid, Bos Aires, Montevideo, París, Toquio e Nova Delhi.

Santiago de Compostela, 12 de Febreiro de 2018

O Gaiás convídavos ao seu Entroido Mareiro cun baile coa música de Pablo Díaz e obradoiros

A Cidade da Cultura de Galicia convida as familias ao seu Entroido Mareiro cun trouleiro baile de disfraces coa temática do mundo mariño para hoxe luns, amenizado por Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc; e para ese mesmo día e ao seguinte ( mañá, martes 13) cóntanse con obradoiros matinais para que a cativada elabore a súa máscara tradicional con materiais de refugallos.

Santiago de Compostela, 12 de Febreiro de 2018

Danza coa guerra de Siria como marco para pechar Escenas do Cambio

Un programa dobre de danza e música será o encargado de pechar este sábado ‘Escenas do Cambio’, o Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción da Cidade da Cultura. Dunha banda, o coreógrafo sirio Mithkal Alzghair trae a Galicia o seu espectáculo 'Displacement', que aborda os efectos devastadores da guerra en Siria. A continuación subirán ao escenario do Museo Centro Gaiás María Arnal & Marcel Bagés, que presentarán neste directo a súa vertente máis experimental.

Santiago de Compostela, 09 de Febreiro de 2018

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS