Nexos analiza as encrucilladas no mundo árabe e musulmán

Este mes de abril a Cidade da Cultura de Galicia conta cunha nova sesión de Nexos, desta vez, para achegarnos a mesta herdanza da cultura árabe e musulmá, a súa enorme pluralidade interna, ao seu contexto xeopolítico e aos seus conflitos sociais actuais. Unha análise que procura afastarse dos clixés e tópicos da man da socióloga Gema Martín Muñoz, unha das maiores autoridades na materia.

Santiago de Compostela, 04 de Abril de 2018

Cidade Imaxinaria Primavera celebra en familia o Día Internacional do Circo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida as familias a vir gozar o sábado 21 de abril ao Gaiás de Cidade Imaxinaria, a tradicional xornada lúdica familiar que desde hai oito anos se celebra todos os agostos na Cidade da Cultura e que, este ano, se festexa por partida dobre tamén en primavera para dar a benvida a esta estación.

Santiago de Compostela, 03 de Abril de 2018

Obradoiros para festexar o Día das Artes Galegas

O mes de abril arranca sempre cunha relevante data como é o Día das Artes Galegas, que este ano se lle dedica a Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913 – Madrid, 1996), e a Cidade da Cultura de Galicia súmase a esta homenaxe ao arquitecto pontevedrés —do que tivemos unha mostra dos seus deseños na exposición Da árbore á cadeira— coa celebración este sábado, día 7, de obradoiros familiares para achegar dun xeito divertido e didáctico a pegada das súas cr

Santiago de Compostela, 03 de Abril de 2018

Visitas arquitectónicas e tres exposicións para desfrutar da Cidade da Cultura nesta semana festiva

A Cidade da Cultura de Galicia oferta para esta semana festiva un atractivo programa de actividades que inclúe visitas comentadas diarias nas que descubrir a arquitectura do complexo deseñado por Peter Eisenman e ata tres exposicións, todo con entrada de balde.

Santiago de Compostela, 28 de Marzo de 2018

'Atlantic Emprende + Gaiás’ reflexiona sobre o rol da música no turismo e o desenvolvemento

As xornadas Atlantic Emprende + Gaiás, encontros destinados a profesionais, estudantes, emprendedores e empresas do sector musical, comezaron hoxe na Cidade da Cultura con dous paneis centrados por unha banda en novas estratexias de promoción e marca e, por outra, no rol da música no desenvolvemento dos territorios e a súa influencia no sector turístico. A música de Caxade e Rapariga DJ pecharon a primeira xornada dun evento que continúa na tarde do domingo.

Santiago de Compostela, 24 de Marzo de 2018

Nexos analizou o estado actual do patrimonio e os retos aos que se enfronta

O estado actual do patrimonio galego, os problemas que o ameazan e os incentivos que en materia de conservación e coidado se están a rexistrar —como a crecente sensibilidade social— foron abordados na Cidade da Cultura de Galicia, polo reputado investigador científico Felipe Criado-Boado na sesión de Nexos deste sábado que levaba por título Confín dos verdes castros... O patrimonio e a identidade de nós.

Santiago de Compostela, 24 de Marzo de 2018

O Gaiás festexa o Día das Artes Galegas con obradoiros familiares sobre Alejandro de la Sota

A Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración do Día das Artes Galegas (1 de abril) organizando obradoiros familiares para o sábado día 7 ao redor do arquitecto galego Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913 – Madrid, 1996), a quen se homenaxea na efeméride deste ano.

Santiago de Compostela, 23 de Marzo de 2018

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS