Letras Galegas 2018 | Eu conto
Queremos festexar o Día das Letras Galegas 2018, dedicado a María Vitoria Moreno, cunha actividade onde vos sintades tamén parte do festexo e da celebración. Por iso, facémosvos un convite a todas as persoas que ese día festivo esteades a visitar a Cidade da Cultura para que sexades protagonistas, xunto á homenaxeada, compartindo con nós a lectura dunha escolma de contos e narracións da escritora.

