Nexos: Confín dos verdes castros... O patrimonio e a identidade de nós

Que en Galicia temos un rico patrimonio cultural ninguén o discute. A intensa humanización do territorio durante séculos deixou unha pegada recoñecible na paisaxe e na cultura tradicional. Porén, nas últimas décadas unha serie de prácticas están a ameazar ese tesouro: a construción indiscriminada de obra pública e privada, a expansión forestal, o espolio de obxectos a mans de tramas organizadas... Por outra parte non debemos esquecer que as dinámicas do presente tamén crean novos patrimonios que merecen atención e coidado. Hoxe en día, ademais de atallar as ameazas citadas, temos o reto de poñer en valor todos os patrimonios, vernáculos ou novos, mediante un maior esforzo en educación e divulgación que nos permita acadar unha maior implicación cidadá e un mellor aproveitamento turístico. Por fortuna en datas recentes estase a detectar un auxe no activismo asociativo que suxire unha crecente sensibilidade social na materia.

12:00 | Relatorio: Felipe Criado-Boado. Profesor de investigación do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), director do INCIPIT (Instituto de Ciencias do Patrimonio) e presidente da Asociación Europea de Arqueólogos. Membro de diferentes comités e comisións científicas internacionais, impartiu aulas en Universidades de Arxentina, Chile, Uruguai, Venezuela, Colombia, Suecia, Gran Bretaña, Noruega, Bélxica ou India. Os seus últimos libros son “Arqueológicas. La razón perdida”, publicado por Edicions Bellaterra en 2012, e “Atlas Arqueolóxico da Paisaxe Galega”, publicado en 2016 por Edicións Xerais. 

13:15 | Monólogo cómico: Carlos Meixide. “O fracaso do meu patrimonio”, de Carlos Meixide, utiliza os bens patrimoniais do país a xeito de materia prima para a súa abraiante exhibición de xogos circenses, puramente intelectuais, que non deixan indiferente a ningunha persoa ou institución pública. Espectáculo creado para o ciclo NEXOS.

 

 
Letras & Pensamento
 
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria aberta
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI