CreaGaiás premia as fotografías máis creativas sobre emprendemento
A xornada lúdico-formativa CreaGaiás reuniu este venres no Centro de Emprendemento a emprendedores e profesionais das industrias creativas e culturais nun programa que incluíu obradoiros, charlas, espazo para o networking e un mercado creativo no que o público asistente puido coñecer as empresas residentes no coworking da Cidade da Cultura.