Marcamos o compás

A Cidade da Cultura súmase á celebración do Día da Muller cun evento ben especial: o concerto Marcamos o compás, da Banda Galega Feminina de Música
 
Trátase do primeiro concerto que se organizará na Comunidade galega dunha banda integramente feminina, que xuntará baixo unha mesma batuta –a da Isabel María Rubio, directora da Banda de Música de Lalín– a instrumentistas de diferentes agrupacións bandísticas galegas. 
 
Esta formación musical créase ex profeso para esta conmemoración e está formada por 81 mulleres procedentes de bandas de música das catro provincias galegas, tras ter recibido un total 110 peticións.
 
A banda está formada polos siguientes instrumentos:  frauta, frautín, óboe, requinto, clarinete, clarinete baixo, fagot, saxo alto, saxo tenor, saxo barítono, trompa, trompeta, fliscorno, trombón, bombardino, tuba e percusión.
 
O repertorio do programa que se interpretará no Museo Centro Gaiás é tamén de composicións creadas na súa totalidade por mulleres.
 
 PROGRAMA:

  • Grana y Oro, de Ermerinda Ferrari
  • El Suspiro del Moro, de Mª Dolores Vitoria
  • La Bella Durmiente, de María Mendoza
  • Poème Du Feu, de Ida Gotkovsky
  • La Mezquita de Córdoba, de Julie Giraux

Bandas de Música de onde proceden as integrantes

Bandeira, Oleiros, As Pontes, Ribadulla , Salvaterra de Miño, Merza, Vilatuxe, Rubiós-As Neves, O Rosal, Caldas de Reis, Catoira, Meaño, Lalín, Silleda, Lugo, Barro, Rubión, Ortigueira, A Coruña, Xinzo, Coruxo, Brión, Rianxo, Xinzo (Ponteareas), PonteLedesma, Betanzos, Ferrol, Silleda, Vilagarcía, Celanova, Narón, Meira (Lugo), Belesar, Bembrive, Pobra do Caramiñal, Castrelo-Cambre, Viveiro, Salcedo, Antas de Ulla, Torroso-Mos, Cambre, Santadega (Coles), Goián, Cedeira, Lira de Rivadavia, Ordes, Rubiós, Sada, Beade (Vigo), Outeiro de Rei, San Miguel de Oia, Valladares, Beade e Vincios.

 

Isabel María Rubio, directora

A directora desta banda de carácter temporal é Isabel María Rubio, natural de Murcia e que dirixe, na actualidade, a Banda de Música de Lalín. Ademais é profesora de Análise Musical, Coro, Banda, Percusión e Música de Cámara no Conservatorio Profesional de Música da mesma localidade pontevedresa.

Foi seleccionada o ano pasado para edición WMC Kerkrade International Conducting Competittion 2017 en Holanda e ese mesmo ano puido dirixir a Banda Municipal de Bilbao como gañadora do Concurso de Dirección, celebrado en outubro de 2016. 

Este concerto inscríbese dentro da programación ao redor do Día da Muller da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e conta coa colaboración da Federación Galega de Bandas de Música.

 
Música & Escena