Mursego trae a Escenas do Cambio un concerto contra os estereotipos racistas sobre a inmigración
O festival Escenas do Cambio, organizado pola Cidade da Cultura, trae mañá a Santiago a Mursego, que ofrecerá un concerto no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) no que interpretará cancións compostas no marco dun proxecto social impulsado en Euskadi para confrontar os estereotipos, prexuízos e rumores que serven de base á xenofobia.
