O Gaiás analiza o fútbol como ferramenta de inclusión social, dentro das actividades de 'Valor e mestría'

A Cidade da Cultura de Galicia porá o foco no importante valor do fútbol como ferramenta de inclusión social e superación persoal na mesa redonda organizada para o vindeiro 10 de abril, dentro da variada programación de actividades ao redor da exposición

Santiago de Compostela, 27 de Marzo de 2019

Baile poético, interdisciplinar, arredor de Bonus Track | Conmemoración do Día da Poesía

O obradoiro consiste na elaboración de diferentes produtos artísticos relacionados coa poesía e coa súa posterior escenificación nunha perfomance concreta, na que a canción e a literatura se darán a man.

Unha acción que mestura xéneros e perspectivas diferentes para gozar do feito artístico desde unha óptica aberta e viva.

Anímate e ven bailar con nós!

Presentación Estudo Impactur Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participará na presentación do Estudo Impactur para Galicia, que analiza o impacto económico do turismo na economía e no emprego da Comunidade.

Estará acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, polo presidente de Exceltur, José María González, e polo seu vicepresidente executivo, José Luis Zoreda. Na Sala Seminario do Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura de Galicia.

Xornada Financia Industria

A Xunta de Galicia, en colaboración co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, organiza a xornada Financia Industria, que se celebrará o venres 18 de xaneiro, a partir das 9.30 horas, no Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

No encontro representantes do Igape e do Ministerio analizarán a política industrial e os apoios as pemes, e tamén presentarán os programas de impulso á industria e a transformación dixital 4.0.

PROGRAMA

Presentación de 'O Teu Xacobeo'

A Xunta de Galicia quere implicar a toda a sociedade galega e as súas institucións na organización do próximo Xacobeo 2021, dándolle forma a un gran proxecto transversal e de país. Con este obxectivo, deseñouse un programa pioneiro, 'O teu Xacobeo', que busca propiciar a participación pública, a transparencia e a igualdade de oportunidades, para que todas as galegas e galegos poidan facer as súas achegas e que conta cunha convocatoria de axudas en réxime de conconrrencia competitiva cunha dotación de 2 millóns de euros.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS