- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
A Cidade da Cultura festexa o Día dos Museos o 18 e 19 de maio cun programa que ofrecerá 13 tipos de visitas comentadas
A Cidade da Cultura de Galicia ampliará a celebración do venres día 18 do Día dos Museos tamén ao sábado 19 cunha ampla programación na que as visitas comentadas, en 13 modalidades diferentes, serán as principais protagonista. Trátase dun xeito de tirar proveito da alta valoración e demanda que este formato rexistra no Museo Centro Gaiás, á vez que fornecer o lema deste ano: a hiperconectividade.
Un milleiro de persoas participan na carreira ‘Holi Gaiás’ para darlle a benvida á primavera en contacto coa natureza
Un milleiro de persoas, entre elas moita cativada, participaron este sábado, día 5, na divertida carreira da Holi Gaiás, na Cidade da Cultura de Galicia, para darlle a benvida á primavera dun xeito divertido, familiar e en contacto coa natureza, xa que precisamente este actividade forma parte do programa Cidade Verde que se desenvolveu durante a xornada de hoxe e incluíu andainas interpretativas polo Bosque de Galicia e unha demostración de papaventos para tirar proveito e vantaxes do vento tan característico do cumio do monte Gaiás.
VIII Encontro de Artistas Novos: #EAN8
A Cidade da Cultura de Galicia converterase por oitavo ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Será no VIII Encontro de Artistas Novos, coordinado por Rafael Doctor, que se celebrará do 26 ao 30 de agosto de 2018.
Volve o 'Encontro de Artistas Novos' con 40 prazas para creadores emerxentes
Corenta creadoras e creadores emerxentes darán a coñecer no Gaiás os seus proxectos artísticos da man do Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’, que vén de abrir unha nova convocatoria. Impulsado pola Xunta, a través da Fundación Cidade da Cultura, e coa colaboración da Fundación Banco Sabadell, o EAN chega á súa oitava edición como un formato consolidado no que xa presentaron os seus traballos medio milleiro de creadores.
Volve inquEDU ao Gaiás para debater e reflexionar sobre innovación educativa
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Galicia Sustentable celebran na Cidade da Cultura de Galicia unha nova edición do InquEDU: Falemos de Educación, un encontro para compartir iniciativas, divulgar ideas e proxectos pedagóxicos innovadores, así como fomentar o debate e a reflexión sobre novas propostas educativas.
Visita Nocturna | Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación
O Museo Centro Gaiás permanecerá aberto ata medianoite tanto o venres como o sábado. Para todas aquelas persoas que se acheguen en horario nocturno temos establecidas dúas visitas moi especiais coas que compartir arte, conversa e música con pinchada de Djs no Hall de Tirantes e con servizo de cafetería aberto.
Maratón de visitas
O servizo de Mediación, Educación e Información da Cidade da Cultura de Galicia organiza unha serie de visitas transversais entre as dúas exposicións no Museo Centro Gaiás e de breve formato (30’). Trátase dun xeito moi dinámico de coñecer as dúas grandes mostras. Ademais de ser reducidas, teñen como característica diferenciadora que son temáticas. Así, versarán sobre a:
No museo, pola cara
Exposición cos retratos e selfies realizados por 100 alumnos e alumnas de 3º ESO e Bacharelato no obradoiro de retrato fotográfico, impartido o 8 e 9 de maio por Tamara de la Fuente, creativa audiovisual e directora de arte que forma parte do equipo de festivais de prestixio como o PlayDoc, Carballo Interplay ou Curtocircuíto.
O Gaiás festexa as Letras Galegas emitindo polas redes unha lectura participativa da obra de María Victoria Moreno
A Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración do Día das Letras Galegas cunha lectura participativa de obras de María Victoria Moreno (Cáceres, 1939 - Pontevedra, 2005), escritora homenaxeada este 2018, e que será emitida en liña polas redes sociais para que cheguen a calquera parte do mundo as creacións desta mestra estremeña, pioneira da narración en galego para as xeracións máis novas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- 170
- 171
- 172
- …
- seguinte ›
- última »