Presentación de 'O Teu Xacobeo'

A Xunta de Galicia quere implicar a toda a sociedade galega e as súas institucións na organización do próximo Xacobeo 2021, dándolle forma a un gran proxecto transversal e de país. Con este obxectivo, deseñouse un programa pioneiro, 'O teu Xacobeo', que busca propiciar a participación pública, a transparencia e a igualdade de oportunidades, para que todas as galegas e galegos poidan facer as súas achegas e que conta cunha convocatoria de axudas en réxime de conconrrencia competitiva cunha dotación de 2 millóns de euros.

Para afondar neste programa, a Consellería de Cultura e Turismo organiza un encontro informativo sobre a orde de axudas 'O teu Xacobeo', que terá lugar o sábado 12 de xaneiro de 2019, ás 12h, no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia. Para asistir, cómpre confirmación antes dese día no teléfono 981 544 801 ou no correo electrónico secretaria.conselleiro@xunta.gal.

Este programa permitiralle a calquera persoa física ou xurídica, entidade local ou organización sen ánimo de lucro desenvolver novas iniciativas no marco do Xacobeo 2021, desde unha perspectiva multidisciplinar, plural, diversa e promovendo o desenvolvemento sostible do territorio.

Así, 'O teu Xacobeo' busca fomentar a participación de toda a sociedade, deseñando conxuntamente unha programación sociocultural durante o ano 2019 e os primeiros meses de 2020, que anticipe a celebración do Xacobeo 2021.


 
 
Sábados e mércores | 20 MAR-13 ABR
11-13 HORAS
TODOS OS VENRES|DO 1MAR AO 7XUÑ
De 17:00 a 19:30h
30 MARZO
12-22 HORAS
30 MARZO
18 HORAS
11 ABRIL
16 - 21.30 h
Fotografía premiada en Crea Gaiás 2018