WOS 2018 | ENCONTRO CON PETER KEMBER (SONIC BOOM)
Peter Kember (Rugby, 1965) é todo un referente de culto. Ao longo de máis de tres décadas de carreira este devoto dos sons subterráneos e os paraísos artificiais labrouse unha reputación lendaria como personaxe excéntrico e difícil, por máis que, parafraseando ao seu admirado Phil Spector, “coñecelo é amalo”. Cun pé no space rock e baixo o alias de Sonic Boom, formou parte de bandas seminales como Spacemen 3, ademais de liderar proxectos como Spectrum ou E.A.R.
