Rels B, superestrela do trap e hip-hop en español, na primeira semana de 'Atardecer no Gaiás'

A Cidade da Cultura de Galicia inaugura esta semana os primeiros solpores musicados de Atardecer no Gaiás, para os que contará con Rels B, superestrela do trap e hip-hop estatal, cuxas cancións revolucionan a canle de Youtube ao alcanzar os 20 millóns de visitas e que fan que, a pesar da súa xuventude, xa se teña feito cun sitio ao carón de figuras tan mediáticas nestes xéneros musicais, como son C. Tangana, Yung Beef o Dellafuente.

Santiago de Compostela, 02 de Xullo de 2018

O Gaiás acolle o III Festival de Bandas Infantís e xuvenís, con medio milleiro de músicos participantes

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu este domingo o III Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que un total de doce formacións de toda a comunidade, compostas por arredor de medio milleiro de integrantes, interpretaron o repertorio elixido para a ocasión para finalizar cunha interpretación conxunta do Himno Galego como peche do evento. 

Santiago de Compostela, 01 de Xullo de 2018

Unha noite no Bosque 2018

Acampada no Bosque de Galicia para a cativada e con monitores para coñecer a flora e a fauna (sobre todo especies de paxaros) deste espazo natural.

Ademais, aprovéitase esta actividade para que os máis novos se acheguen á arquitectura e complexo da Cidade da Cultura deseñado polo prestixioso arquitecto Peter Eisenman. Como colofón, rematan esta noite máxica á luz das estrelas, contando relatos e lendas mitolóxicas. 

Dicídelle a vosa cativada que preparen o saco de durmir, pixama e cepillo de dentes e que veñan dispostos a gozar desta divertida aventura! 

A innovación pedagóxica protagoniza dous días de reflexión en 'Inquedu: Falemos de Educación'

Todas as persoas interesadas na innovación educativa teñen unha cita hoxe e mañá na Cidade da Cultura de Galicia. O Museo Centro Gaiás convértese nun espazo para coñecer proxectos pedagóxicos innovadores que se están a desenvolver en Galicia e tamén fóra, promovendo unha mellor integración e concienciación da cativada nas aulas a través de abordaxes innovadoras como a música, a arte ou a maxia.

Santiago de Compostela, 25 de Maio de 2018

Bota a andar ‘Reb/veladas na paisaxe’, un ciclo de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás

A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar Reb/veladas na paisaxe, un novo ciclo de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás co que se procura non só a posta en valor das súas zonas naturais —Bosque de Galicia e Parque do Lago– senón tamén darlle visibilidade á presenza da muller na arte contemporánea, incorporando unha perspectiva de xénero que reflicta a diversidade no ámbito creativo.

Santiago de Compostela, 11 de Maio de 2018

Reflexionamos sobre emprego e inclusión da man de Acción contra el Hambre

A Cidade da Cultura acolleu hoxe a xornada ‘Cultivando o emprego, semente para a inclusión’, promovida pola entidade Acción contra el Hambre. Concibido como un encontro dinámico e participativo, o evento afondou no impacto das iniciativas de emprendemento e procura de emprego na inclusión social, analizando experiencias en primeira persoa do ‘Vives Proxecto’ (Vives Proyecto), desenvolvido en Galicia por esta ONG para apoiar a persoas desempregadas ou en situación de inestabilidade laboral.

Santiago de Compostela, 09 de Maio de 2018

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS