- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
A exposición ‘Xuventude Crea. Máis dunha década’ chega á Cidade da Cultura
O Museo Centro Gaiás acolle desde hoxe a exposición Xuventude Crea. Máis dunha década, que repasa os máis de dez anos de vida dun programa que busca recoñecer e dar visibilidade á innovación da xente nova de Galicia en 14 disciplinas diferentes. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta mañá á inauguración da mostra na Cidade da Cultura.
Matinais Musicais | Outono 2021
Continuando coa liña instaurada polas Matinais Clásicas no pasado 2020, a Cidade da Cultura acolle un novo ciclo musical este outono con tres actuacións que nos permitirán gozar de estilos tan diversos como o Jazz, a música a capella e a música barroca, esta última reinterpretada en conexión coa creación visual contemporánea.
Nadal na Biblioteca de Galicia | Xigantóns do Apalpador e a Apalpadora + Apalpadoriños
Neste espectáculo ofrécese un animado concerto e contacontos animado con danza e un repertorio de panxoliñas e contos populares adapatados á figura do Apalpador.
Sinopse:
Dende o lugar máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3 metros de alto, acompañados polos Apalpadoriños, elfos rústicos e axudantes destes personaxes que propoñen un divertido espectáculo cunha moi coidada posta en escena.
Nadal na Biblioteca de Galicia | Os apuros de Rigoletto
Os apuros de Rigoletto é un orixinal espectáculo de teatro musical dirixido a público familiar, que persegue non só divertir, senón tamén interesar e instruír ao público infantil no marabilloso mundo da ópera. Un libro de contos serve de excusa para facer unha excitante viaxe a través da ópera dunha maneira sinxela e amena.
Sinopse:
As pitas baixo a choiva
Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas (dedicadas este ano a Carballo Calero), a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro organiza esta actividade.
Sinopse:
A Xunta exhibirá a 'Santa' de Asorey, unha das obras máis relevantes da arte galega que leva preto de 70 anos no Uruguai
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, vén de pechar un acordo coa Casa de Galicia en Montevideo para exhibir a Santa, escultura en madeira policromada de Francisco Asorey. Trátase dunha das pezas máis destacadas do traballo do escultor cambadés, e tamén dunha das obras de arte galegas máis significativas e controvertidas do século pasado, polo potente e provocador simbolismo co que representou a muller galega, rachando cos códigos estéticos vixentes naquel tempo.
Galicia, un relato no mundo
Galicia, un relato no mundo explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira de tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, centrouse nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo.
Biblioteca especializadas e Centros de documentación
Terceiro ano consecutivo no que a Biblioteca de Galicia pon en marcha un programa de xornadas técnicas co obxectivo de mellorar a formación e dar a coñecer outras realidades bibliotecarias aos profesionais que traballan nas institucións da memoria galegas.
En carro polo Gaiás. Xogando coa tradición
Unha completa unidade lúdica na que xogando a construír e deconstruír un carro tradicional se revisa a figura de Antón Fraguas, a quen Galicia lle dedica este ano As Letras Galegas.
A actividade comeza cos monitores vestidos con traxes tradicionais e cun carro feito a escala reducida, deconstruído, e ferramentas de traballo (inocuas a efecto de posibles accidentes).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- …
- seguinte ›
- última »