Neste obradoiro polo Día da Liberdade de Expresión abordaranse con María Solar principios básicos sobre que é o xornalismo, que é a noticia e como traballan os e as xornalistas.
Trataranse as distintas fases para a elaboración dunha noticia. Principios de ética xornalística. Os dereitos das persoas fronte á prensa: liberdade de expresión, dereito ao honor e á intimidade. Casos especiais como a violencia de xénero, os xuízos mediáticos, etc. Que é a liberdade de prensa e cómo pode perigar? Que protexe o xornalismo e os/as xornalistas?
Ademais tamén se abordarán as redes sociais e o seu uso coas noticias. Os xornalistas e o xornalismo en lugares de conflito.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

