As Nocturnas 2017
Vive unhas noites de venres diferentes no Museo Gaiás! Sesión DJ, petiscos e viño para gozar dunha experiencia distinta con visitas comentadas a Flor Novoneyra (6 e 13 de outubro) e Da árbore á cadeira (20 e 27 de outubro).
Vive unhas noites de venres diferentes no Museo Gaiás! Sesión DJ, petiscos e viño para gozar dunha experiencia distinta con visitas comentadas a Flor Novoneyra (6 e 13 de outubro) e Da árbore á cadeira (20 e 27 de outubro).
Queredes sacar fóra toda a creatividade artística que levades dentro? Iso é posible nas Findes na balea, programa familiar e de experimentación coa arte e coas exposicións do Museo Centro Gaiás, que todas as tardes dos sábados de setembro se vai transformar nun especie de taller para a creatividade e a imaxinación no que podedes demostrar que o talento creativo é maior canto máis pequenos somos.
Coñece coa axuda dos nosos guías as exposicións que alberga o Museo Centro Gaiás, a espectacular arquitectura da Cidade da Cultura de Galicia, a súa xénese e funcións actuais ou os espazos naturais do monte. A través da nosa oferta de visitas comentadas poderás achegarte de xeito ameno e divulgativo a esta singular infraestrutura e á súa oferta cultural. Preme sobre as imaxes para descubrir os diferentes tipos de visitas que ofrecemos e reservar a túa quenda.
A banda sonora do verán pona Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos ao aire libre que os xoves, venres e sábados de xullo e agosto nos trae á praza central da Cidade da Cultura as mellores bandas do momento. Esta sétima edición terá un intenso sabor galego, con actuacións en pequeno formato de Triángulo de Amor Bizarro, Malandrómeda, Familia Caamagno, Músculo!, Terbutalina ou Víctor Prieto.
A Fundación USC Deportiva volve brindarnos este verán a posibilidade de descubrir o patrimonio de Compostela dunha forma saúdable. Será a través dos roteiros Camiño ao Gaiás, que conectará a zona vella da capital galega coa Cidade da Cultura.
O 17 de xuño, a Cidade da Cultura adiántase ao Día da Música para celebralo por todo o alto cun dos grandes emblemas do noso rock: Siniestro Total.
O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Esta é a esencia de Flor Novoneyra, a nova exposición do Museo Centro Gaiás que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.
Fai esta ruta a pé desde a histórica praza do Obradoiro á arquitectura contemporánea da Cidade da Cultura. Nin tan lonxe!
O Gaiás, en colaboración coa Fundación USC Deportiva e Turismo de Santiago, deseñou unha ruta autoguiada para coñecer a pé e doutro xeito a Cidade da Cultura.
Rosalía entre outras será un concerto moi especial no que tres músicos de Xardín Desordenado interpretarán cancións compostas sobre textos de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e cancións basadas en textos doutras seis poetas galegas de distintas xeracións: Olga Novo, Enma Pedreira, Pilar Pallarés, Luisa Castro, Marta Dacosta e Cristal Méndez Queizán.
Explorar as emocións do Camiño, o mundo da arte e a cultura do viño. Esta é a proposta de Enocións by Ribeiro: o Camiño das Emocións, un ciclo polo que pasarán de maio a setembro algúns dos máis destacados artistas do país como Guadi Galego, Xurxo Lobato, Pepe Solla ou Carlos Blanco.