Ludo Circus Show

O espírito do xogo feito espectáculo. Sete personaxes trangalleiros asómanse ao escenario con ganas de xogar, aparecen gañadores e perdedores, golpes voluntarios e involuntarios, sintonía e desencanto, diversión, traballo en equipo e individualismo.

En Ludo Circus Show pequenos e grandes recoñecerédesvos en moitas situacións vividas: porque nalgún momento, nalgún lugar, todos temos xogado. 

TEDXGalicia 2017

A Cidade da Cultura na súa aposta por promover a difusión de ideas innovadoras acollerá por terceiro ano consecutivo as charlas TEDxGalicia, que se celebrarán o sábado 2 de decembro no Museo Centro Gaiás e que nesta edición terán como lema Ultreia. Ánimo para ir máis alá.

Entrega dos V Premios Emprende Gaiás Sixto Seco - Conferencia de Emilio Duró

A Cidade da Cultura de Galicia celebra a entrega dos V Premios Emprende Gaiás - Sixto Seco, nun acto no que os e as participantes que enviaron o seu proxecto cultural innovador coñecerán 'in situ' se os seus traballos resultaron galardoados.

Conducido pola xornalista Belén Xestal, coñeceranse os gañadores das tres modalidades establecidas nos Premios Emprende Gaiás - Sixto Seco:

Ponnos verde! Planta unha árbore no Bosque de Galicia

Convidámosvos de novo a que nos poñades verde, dun xeito que presta tanto como é o de vir plantar árbores autóctonas ao Bosque de Galicia.

A Cidade da Cultura de Galicia volve pedir a vosa colaboración simbólica na construción do Bosque de Galicia, nesta segunda etapa recentemente iniciada, plantando unha árbore no Gaiás, a través da Fundación Cidade da Cultura, co apoio da Fundación USC Deportiva e o patrocinio de Viaqua.

Magostos no Gaiás 2017

Non é un, senón dous os Magostos no Gaiás que ides gozar este ano, no que a boa música e as castañas permanecerán inalterables con respecto a outras edicións.Unha combinación de éxito que estará presente nas dúas datas de Novembro nas que festexaremos esta celebración con tanto arraigamento popular na nosa cultura e tamén xa dentro da programación cultural da Cidade da Cultura:

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS