17 novos emprendementos do programa 'Go2Work' danse a coñecer na Cidade da Cultura
A Cidade da Cultura acolleu a presentación dos proxectos impulsados na terceira edición do coworking 'Go2Work', impulsado polo Igape e a Escola de Organización Industrial (EOI), na que se achegou formación e asesoramento para o desenvolvemento dun total de 17 proxectos.