A Cidade da Cultura acolle a celebración do WOS Talks x Fest Galicia: Futuro_Presente, un evento orientado a redefinir, reimaxinar e reinventar esta nova realidade forzosa. O encontro nace como un programa de faladoiros arredor do coñecemento do futuro en tempo presente, abordando cuestións transversais que acadan máis alá da música ou das artes: a xestión social, a política ou a nosa implícita relación cos datos e entornos dixitais.
Ademais, WOS Talks x Fest Galicia contará coa presenza do profesor, artista e investigador norteamericano Mat Dryhurst, que inaugurará a xornada cunha breve entrevista que servirá de introdución aos tres faladoiros, nos que participarán un elenco de académicos, artistas, comunicadores ou creadores. Tras os faladoiros, a xornada incluirá tamén dúas actuacións musicais, a cargo do lendario músico e produtor Suso Saiz, que porá de relevo o presente da música electrónica de vangarda en España, mentres que os novísimos Yugen Kala demostrarán que o xénero goza dun futuro prometedor, cun DJ set de ambient, preparado especialmente para a ocasión.
O encontro desenvolverase o 19 de setembro a partir das 16h e terá un formato híbrido, combinando a asistencia presencial na Cidade da Cultura -con prazas limitadas, reserva previa e cumprindo todas as medidas de distancia social e prevención- co seguemento en liña a través de streaming. Con este formato híbrido e reducido, a promotora compostelá Work on Sunday non só quere promover a reflexión sobre os vertixinosos cambios que está a sufrir a sociedade dun xeito transversal, senón tamén tentar dilucidar que papel xoga a cultura e os seus actores nesta nova realidade. O evento conta co apoio de Fest Galicia e da Fundación da Cidade da Cultura de Galicia, enmarcándose na programación do Centro de Emprendemento - CEM.
As entradas están esgotadas! Se queres que te avisemos se houbera algunha cancelación anótate na listaxe de agarda enviando un email a futuro_presente@workonsunday.es.
Programa de faladoiros | Auditorio Edificio CINC | Máis información AQUÍ
16:00 h. Apertura da xornada e introdución Futuro_Presente: Mat Dryhurst.
16:30 h. Talk 1: Futuro_Presente: Redefinir os nosos modelos.
- Participan: Arnau Sabaté, Cora Novoa, María Baqueiro, Sarah Rasines.
- Moderan: Frankie Pizá, Marta Gómez
17:45 h. Talk 2: Futuro_Presente: Redefinir as nosas comunidades.
- Participan: Alex Nikolov, Paula Pin, Silvia Bianchi, ¥€$Si Perse.
- Moderan: Frankie Pizá, Marta Gómez
19:00 h. Talk 3: Futuro_Presente: Redefinir o noso eu dixital.
- Participan: Ana Quiroga, Bego M. Santiago, Christian García Bello, Los Voluble, Miguel Prado.
- Moderan: Frankie Pizá, Marta Gómez
Programa musical | Xardín do Teatro | Máis información AQUÍ
20:30 h. YUGEN KALA (dj set)
22:00 h. SUSO SAIZ (live)



