Andainas de outono

Este outono na Cidade da Cultura convidámosvos a mergullarvos no rico patrimonio natural do Monte Gaiás a través duns roteiros guiados polos espazos verdes do complexo nos que unir deporte, natureza e coñecemento.

Nas Andainas de Outono coñeceremos as distintas especies arbóreas do Bosque de Galicia e as outras plantas e arbustos que poboan o monte, descubrindo as súas características e funcións no ecosistema, ademais de lendas e anécdotas asociadas ás distintas especies. Tamén tentaremos albiscar algúns dos moradores do Parque do Lago, desde parrulos a rás, pasando por numerosas especies de insectos e aves. E por suposto gozaremos de todos os dourados, vermellos, laranxas e marróns que o tempo outonizo nos deixa nas abas do monte!

A actividade conta co patrocinio de VIAQUA, empresa comprometida coa protección e recuperación dos espazos naturais e co obxectivo de concienciar e preservar a biodiversidade local. Procura así contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), e máis especificamente ao ODS nº15, que pon o foco en deter a perda de biodiversidade.

As prazas para cada quenda son limitadas e iranse abrindo mensualmente: bule a reservar a túa nesta mesma páxina!

 
 
26 XUÑ - 25 OUT
De 10 a 20 horas
XUL, AGO, SET
De martes a domingo
ATA O 30 SET
De 9 a 21 horas
22 XUL 2020 - 10 XAN 2021
De 10 a 20 horas
SETEMBRO 2020
CANCELADO
2 OUT 2020 - 17 XAN 2021
De martes a domingo | De 10 a 20 h
10 OUTUBRO
17 HORAS
17 OUTUBRO
18 HORAS
6 NOV - 4 ABR
De 10 a 20 horas