Día das Bibliotecas | Obradoiro: Formas, cores e movemento. Deseñar xogando

Con motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas, a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro organiza esta actividade na Biblioteca e Arquivo de Galicia, situada na Cidade da Cultura.

Co obxectivo de animar os e as participantes á inventiva, á creación e á exploración. Por este motivo, neste obradoiro vaise levar a cabo unha instalación efémera realizada con papel de cores e unha grampadora para conseguir uns deseños extraordinarios.

Este obradoiro está inspirado no traballo do artista e deseñador Bruno Munari e nas súas investigacións sobre o desenvolvemento da creatividade e a fantasía na infancia mediante o xogo.