"Medramos cara á infancia". O feliz designio de Juan Marsé ben pode guiar o espírito da exposición Cinema e emocións, que a través dun percorrido cinematográfico ten a maxia de facernos revivir aquelas emocións que experimentamos por vez primeira durante a nenez e que recoñecemos con especial intensidade en certas películas, que desde a Cidade da Cultura vos convidamos a volver ver ou ter a sorte de descubrilas nun Gaiás convertido en cinema!
Unhas tardes de domingo [17 horas] ao acubillo de filmes inesquecibles, que o serán aínda máis acompañados/as da cativada, capaces de recuperar para vós esas lecturas, olladas e perspectivas que todas e todos perdemos nese tránsito cara a vida adulta. Vinde ao noso cinema de outono para gozar xunt@s desta carteleira para todos os públicos!
INSIDE OUT | 18 OUTUBRO
Director: Pete Docter
Recomendada: Para todos os públicos
Animación | 2015 | Duración: 94 '
Riley é unha rapaza que goza e padece toda clase de sentimentos. Aínda que a súa vida está marcada pola Alegría, tamén vese afectada por outro tipo de emocións. O que Riley non entende moi ben é por que motivo ten que existir a Tristeza na súa vida. Unha serie de acontecementos fan que Alegría e Tristeza mestúranse nunha perigosa aventura que dará un cambio ao mundo de Riley.
LE HAVRE | 25 OUTUBRO
Director: Aki Kaurismäki
Recomendada: Para todos os públicos
Comedia | 2011 | Duración: 93'
Marcel Marx, famoso escritor bohemio, exiliouse voluntariamente e estableceuse na cidade portuaria de Lle Havre (Francia), onde vive satisfeito traballando como limpabotas, porque así se sente máis preto da xente. Tras renunciar ás súas ambicións literarias, a súa vida desenvólvese sen sobresaltos entre o bar da esquina, o seu traballo e a súa muller Arletty. Mais cando se cruza no seu camiño un neno negro inmigrante, terá que loitar contra os fríos e cegos mecanismos do Estado.
MA VIE DE COURGETTE | 1 NOVEMBRO
Director: Claude Barras
Recomendada: A partir de 8 anos
Animación | 2016 | Duración: 60'
Cabaciño é un neno valente que despois de perder a súa nai ten que ingresar nun fogar de acollida, con outros nenos orfos da súa idade. Nun primeiro momento esfórzase por atopar o seu lugar neste novo medio hostil. Con todo, coa axuda dos seus novos amigos, Cabaciño aprende a confiar, atopa o verdadeiro amor e unha nova familia.
PERSÉPOLIS | 8 NOVEMBRO
Directora: Marjane Satrapi
Recomendada: A partir de 10 anos | Animación | 2005
Duración: 95' | Versión orixinal con subtítulos
Narra a conmovedora historia dunha nena iraniana desde a revolución islámica ata os nosos días. Cando os fundamentalistas toman o poder, forzando as mulleres para levar veo e encarcerando a miles de persoas, e mentres ten lugar a guerra entre Iraq e Irán, Marjane descobre o punk, ABBA e Iron Maiden. Cando chega á adolescencia os seus pais envíana a Europa, pero non soporta a soidade e volve coa súa familia, aínda que iso signifique pór veo e someterse a unha sociedade tiránica.








