As exposicións que agardaban por vós | Reapertura Gaiás

Presta poder reincorporar ás exposicións da Cidade da Cultura de Galicia a lenda de «Abertas ao público» e poder volver contar con vós no Gaiás para que percorrades 'in situ':
 
➖ O interior das Torres Hejduk para a descuberta dun relato visual diferente da experiencia do Camiño de Santiago en plena pandemia: A distancia da imaxe
 
Galego

60 expertos e 600 enquisas para o Plan Estratéxico da Cidade da Cultura 21-27

A Xunta de Galicia vén de iniciar a elaboración do II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura, a folla de ruta que marcará a dirección do Gaiás durante o período dos próximos sete anos (2021-2027). Nas próximas semanas desenvolverase un programa de traballo no que participarán 60 expertos, especialistas nas diferentes áreas nas que opera a Cidade da Cultura (cultura, tecnoloxía, turismo, emprendemento, natureza...), e tamén coa previsión de escoitar a opinión da cidadanía a través de 600 enquisas online.

Santiago de Compostela, 15 de Febreiro de 2021

Catálogos | As 19 novas vidas das exposicións do Gaiás

Grazas aos catálogos as exposicións non esmorecen nunca. Cando se clausuran, continúan vivas nestas publicacións (en formato papel ou dixital) para volver a descubrilas doutro xeito, a través das achegas que recollen os textos das e dos comisarios e expertos e a través do novo e enquirecedor relato visual que lle aporta e potencia o traballo dos e das profesionais que hai sempre detrás do seu deseño

Galego

Visitas comentadas por Youtube da exposición 'As miradas de Isaac'

A Cidade da Cultura de Galicia, no marco das iniciativas dixitais desenvolvidas para que as restricións da pandemia non impidan acceder aos seus contidos culturais, ofrecerá esta fin de semana ás 12,00 horas visitas guiadas á exposición As miradas de Isaac emitidas en directo a través da súa canle de Youtube.

Santiago de Compostela, 11 de Febreiro de 2021

A música e o Camiño: a gaita | Concerto didáctico en liña de Rosa Sánchez & Pablo Carpintero

Os camiños comunican dous lugares e teñen sempre un dobre senso: levan e traen. Esta é a máxima que rexe o concerto A música e o Camiño: a gaita, que procura achegar ao público a influencia nas nosas músicas do Camiño de Santiago, ruta de peregrinación de extraordinaria viveza cultural.

O Gaiás, mellor proposta cultural do ano en Galicia segundo o observatorio da Fundación Contemporánea

A Cidade da Cultura de Galicia encabeza a clasificación de institucións e proxectos culturais máis destacados do ano 2020 en Galicia, que vén de publicar o Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea. Elaborado coas valoracións dun panel de 472 expertos e profesionais de toda España, o Gaiás lidera a listaxe de insignias culturais 2020 correspondente a Galicia, seguido do Culturgal, o CGAC, o Teatro Rosalía de Castro ou a (S8) Mostra de Cinema Periférico, entre outras destacadas institucións e acontecementos culturais.

Santiago de Compostela, 10 de Febreiro de 2021

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS