O persoal de guías do Museo Centro Gaiás están este sábado e domingo (13 e 14 de febreiro) á túa disposición en liña e en directo para que descubras con eles a exposición As miradas de Isaac, a primeira grande exposición homenaxe a Díaz Pardo, unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX.
Tan só tes que conectarte á canle de Youtube da Cidade da Cultura ás 12 horas o sábado ou o domingo para facer este percorrido virtual guiado polo Servizo de Mediación, Educación e Atención ao Visitante da Cidade da Cultura a través dez seccións coas que esta mostra afonda na interesante vida e proxectos do impulsor da fábrica de Sargadelos, o Laboratorio de Formas, o Instituto Galego de Información, Ediciós do Castro ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside.
Deste xeito, vas poder descubrir desde a comodidade da casa e da man dos nosos guías este personaxe imprescindible da cultura galega que foi pintor, cartelista, ceramista, editor, escritor e emprendedor cultural.