Prometeo, Fausto e Frankenstein reinterpretados nun mesmo personaxe en 'Clásicas desfeitas'
O ciclo Clásicas desfeitas, coproducido pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego (CDG), botou a andar hoxe coa anovadora reinterpretación de Prometeo encadeado de Esquilo, A tráxica historia do Doutor Fausto de Marlowe e o Frankenstein de Mary Shelley, a cargo da compañía galega Nononon Lab. Esta formación galega —integrada por José Faro, Xacobo Castro, Lucía Estévez, Laura Iturralde e Montse Piñeiro— foi a responsable desta anovadora proposta escénica, levada a cabo ás 12,00 h.

