Homenaxes a Pardo Bazán e Xela Arias na Biblioteca de Galicia dentro da programación do décimo aniversario

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a programación impulsada pola Xunta de Galicia para conmemorar o décimo aniversario da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, que incluirá cinco exposicións temáticas sobre figuras como as escritoras Emilia Pardo Bazán e Xela Arias ou a ilustradora Lolita Díaz Baliño. Compleméntase, ademais, con retrospectivas sobre a ilustración xacobea e os principais fitos da biblioteca nesta década, así como cunha ampla oferta de encontros e xornadas con escritores.

Santiago de Compostela, 05 de Marzo de 2021

REGA afianzará o Gaiás como viveiro creativo cultural

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe na Cidade da Cultura o lanzamento de REGA: Residencias artísticas do Gaiás, o novo programa da Xunta de Galicia para impulsar a creación artística. A través desta liña de traballo, a Cidade da Cultura porá os seus espazos, recursos e equipos técnicos ao servizo de creadores de dentro e fóra da nosa Comunidade que acudirán ao Gaiás para desenvolver os seus proxectos culturais.

Santiago de Compostela, 04 de Marzo de 2021

A exposición homenaxe á ilustradora Lolita Díaz Baliño con pezas orixinais da autora, aberta ao público na Biblioteca de Galicia

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitaron hoxe a exposición Lolita Díaz Baliño, a discreción imposta dunha grande artista, coa que a Xunta de Galicia homenaxea este ano á que foi a primeira muller en integrarse na Real Academia Galega de Belas Artes.

Santiago de Compostela, 02 de Marzo de 2021

Analizamos no marco do 8M os desafíos das mulleres líderes con profesionais da arte, da tecnoloxía e da espiritualidade

A Cidade da Cultura de Galicia programa este sábado 6 de marzo tres diálogos en liña –retransmitidos a través da súa canle de Youtube– para analizar a participación da muller na adopción de decisións e en roles de liderado en distintos ámbitos, poñendo o acento en tres sectores profesionais onde tradicionalmente a presenza masculina ten sido maioritaria, como poden ser o da tecnoloxía, o comisariado de exposicións e a dirección de galerías de arte, ou a Igrexa. A actividade está enmarcada nos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller que se celebra o próximo 8 de marzo.

Santiago de Compostela, 02 de Marzo de 2021

Mulleres líderes: diálogos en liña por un futuro igualitario | Día da Muller 2021

Tres diálogos en liña –retransmitidos a través da nosa canle de Youtube– é a proposta á que vos convidamos o sábado 6 de marzo para analizar a participación da muller na adopción de decisións e en roles de liderado en distintos ámbitos, poñendo o acento en tres sectores profesionais onde tradicionalmente a presenza masculina ten sido maioritaria, como poden ser o da tecnoloxía, o comisariado de exposicións e a dirección de galerías de arte, ou a Igrexa.

Programa formativo para mellorar a competitividade das empresas culturais

A Xunta de Galicia en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela pon en marcha un programa de formación e asesoramento para empresas e profesionais culturais destinado a apoiar e mellorar a competitividade do sector nun momento especialmente delicado pola crise da covid-19.

Santiago de Compostela, 22 de Febreiro de 2021

Día Internacional da lingua materna | Cantos, contos e xogos, en liña desde o Gaiás

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS