A web www.diadailustracion.gal tamén se actualizou neste 2021 para ofrecer unha completa información sobre esta artista multidisciplinar, adiantada ao seu tempo, que deixou un prolífico traballo nalgunhas das publicacións periódicas más importantes da época, como Céltiga, Galicia gráfica ou La Voz de Galicia. O seu estilo, que combinaba o arte-decó con temáticas influenciadas polo pensamento rexionalista, poida que teña a súa mellor representación nas súas ilustracións de mulleres modernas, decididas e elegantes, que aínda hoxe resultan actuais.
No vídeo realizado pola AGPI para conmemorar a súa figura, e que se se pode ver nesta ligazón podemos achegarnos visualmente a esta creadora, que forma parte dunha das grandes familias de artista do noso país, e que foi unha das primeiras mulleres en ingresar (1938) na Real Academia Galega de Belas Artes, xunto coa pintora Carmen Corredoyra.
