O primeiro estudo de contabilidade social da Cidade da Cultura estima que xera un valor anual na sociedade de 24 M€
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe as conclusións dun estudo para medir o impacto e aportación da Cidade da Cultura á sociedade, realizado en colaboración coa Deusto Business School e seguindo a metodoloxía da contabilidade social. A contabilidade social traduce a cifras o valor que unha organización crea na súa contorna, no que respecta a variables que, por non teren un prezo, non se reflicten na contabilidade tradicional, pese a que si son percibidas como valiosas pola cidadanía.
